Estadio Nelson Mandela Bay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nelson Mandela Bay
Datos
Localización Port Elizabeth, Suráfrica
Construción
Inauguración 7 de xuño de 2009
Arquitecto Architectural Design Associates
Dominic Bonnesse Architects
Custo $270 millóns
Estadio
Superficie Céspede
Capacidade 48.459
Propietario Nelson Mandela Metropolitan Municipality
Eventos

O Estadio Nelson Mandela Bay en Port Elizabeth, Suráfrica, é un campo de fútbol con capacidade para 48.459 espectadores, situado na Baía de Nelson Mandela, e construído para a Copa Mundial de Fútbol de 2010. Foi inaugurado o 7 de xuño de 2009.

Construción[editar | editar a fonte]

O estadio, de cinco niveles, e un custo aproximado de 1,1 millóns de rands (ao redor de 150 millóns de dólares), situado na Baía de Nelson Mandela, nomeada en honra do presidente do país e Premio Nobel da Paz Nelson Mandela, construíuse con vistas ao Lago North End, no centro da cidade. É un do tres estadios novos construídos para a disputa da Copa Mundial de Fútbol de 2010.

Trátase do primeiro estadio de fútbol de clase mundial edificado na provincia Oriental do Cabo. O estadio contará con 150 suites VIP, 60 suites de negocios, unha tenda de roupa deportiva, ximnasio e 500 prazas de aparcadoiro, ademais de salóns de actos. Segundo a programación oficial, debería ser concluído en decembro de 2008.

Vista aérea do estadio.

Durante a súa construción, producíronse gran cantidade de especulacións sobre o cumprimento dos prazos de construción do estadio no período previo á Copa Mundial 2010, para cumprir co requisito de que todos os estadios do Mundial da FIFA debían ser completados antes de xaneiro de 2010. O Estadio Nelson Mandela Bay foi o primeiro do cinco novos estadios en iniciar e finalizar a súa construción. Os outros novos estadios están situados en Cidade do Cabo, Durban, Polokwane e Nelspruit. Aínda que con atraso, o estadio axustouse ao calendario previsto e foi completado en xuño de 2009.

O ministro surafricano de Deportes e Recreación, Makhenkesi Stofile, durante unha visita ás obras, lembrou a todos os presentes a necesidade de cumprir os estritos requisitos da FIFA. Tamén expresou a esperanza de que o estadio estaría terminado a tempo para a visita do equipo de inspección da FIFA que decidiría as cidades anfitrioas da Copa FIFA Confederacións 2009.

No entanto, o 8 de xullo de 2008, o comité organizador informou que o escenario non estaría listo a tempo para esta competición, a disputarse entre xuño e xullo de 2009. A pesar diso, o estadio si estaría listo para a Copa Mundial de Fútbol de 2010.[1] O seu acto de inauguración produciuse, finalmente, o 7 de xuño de 2009.[2]

Copa do Mundo 2010[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Copa Mundial de Fútbol de 2010.

Partidos[editar | editar a fonte]

O Nelson Mandela Bay albergou durante o campionato oito encontros: cinco encontros da fase de grupos, un de oitavos de final, un de cuartos de final e o partido polo terceiro e cuarto posto. Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
12 de xuño Primeira rolda Corea do Sur Flag of South Korea.svg
2 - 0
Grecia Grecia
31.513
15 de xuño Primeira rolda Costa de Marfil Flag of Côte d'Ivoire.svg
0 - 0
Flag of Portugal.svg Portugal
37.034
18 de xuño Primeira rolda Alemaña Alemaña
0 - 1
Flag of Serbia.svg Serbia
38.294
21 de xuño Primeira rolda Chile Flag of Chile.svg
1 - 0
Suíza Suíza
34.872
23 de xuño Primeira rolda Eslovenia Flag of Slovenia.svg
0 - 1
Inglaterra Inglaterra
36.893
26 de xuño Oitavos de final Uruguai Flag of Uruguay.svg
2 - 1
Flag of South Korea.svg Corea do Sur
30.597
2 de xullo Cuartos de final Países Baixos Flag of the Netherlands.svg
2 - 1
Flag of Brazil.svg Brasil
40.186
10 de xullo Semifinal Uruguai Flag of Uruguay.svg
2 - 3
Alemaña Alemaña
36.254

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estadio Nelson Mandela Bay