Estadio Peter Mokaba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peter Mokaba
Peter Mokaba Stadium (Polokwane).jpg
Flag of South Africa.svg Peter Mokaba-stadion
Datos
Localización Polokwane, Sudáfrica
Arquitecto AFL Architects
Custo $150 millóns
Inauguración 2010
Superficie Desso GrassMaster
Capacidade 46.000
Eventos

O Estadio Peter Mokaba en Polokwane, Sudáfrica, é un campo de fútbol con capacidade para 46.000 espectadores, construído para a Copa Mundial de Fútbol de 2010. Foi inaugurado en 2010.

Índice

Historia [editar]

Trátase dun do cinco novos estadios construídos para o Campionato do Mundo de 2010, e atópase no Complexo Deportivo Peter Mokaba. Está situado aproximadamente a 5 km do centro da cidade, e a súa capacidade para o campionato será de 46.000 espectadores.[1]

O complexo deportivo leva o nome do falecido Peter Mokaba, un soado activista político da sección xuvenil do Congreso Nacional Africano durante o apartheid. Había nado e vivido en Polokwane, e foi moi recoñecido polo seu espírito de loita e liderado contra o racismo. Ademais, dáse a circunstancia de que foi situado na provincia de Limpopo, a de maior cantidade de futbolistas federados de todo o país.[2]

Características [editar]

A forma da gran estrutura de formigón está inspirada nunha árbore local chamado Baobab, cunha estrutura de aceiro que suxeita o teito plano desde cada esquina do estadio, e co apoio nuns troncos sobre os que se asintan as ramplas de circulación vertical. As instalacións foron organizadas para ofrecer un cómodo acceso, estacionamento e circulación dos afeccionados que asisten aos encontros tanto de fútbol como de rugby que se poderán disputar no seu interior.

Copa do Mundo 2010 [editar]

Artigo principal: Copa Mundial de Fútbol de 2010.

Partidos [editar]

Vista exterior do estadio.

O Nelson Mandela Bay albergou durante o campionato catro partidos, todos eles da fase de grupos. Os encontros foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
13 de xuño Primeira rolda Alxeria Flag of Algeria.svg
0 - 1
Flag of Slovenia.svg Eslovenia
30.325
17 de xuño Primeira rolda Francia Francia
0 - 2
Flag of Mexico.svg México
35.370
22 de xuño Primeira rolda Grecia Grecia
0 - 2
Flag of Argentina.svg Arxentina
38.891
24 de xuño Primeira rolda Paraguai Flag of Paraguay.svg
0 - 0
Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia
34.850

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: