Ellis Park
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Xohanesburgo, Sudáfrica |
| Arquitecto | Boogertman & Partners |
| Custo | £ 5.000 |
| Inauguración | 1928 |
| Renovación | 2009 |
| Superficie | Céspede |
| Capacidade | 62.567 |
| Propietario | Golden Lions Rugby Union Orlando Pirates F.C. |
| Localía | Golden Lions Rugby Union Orlando Pirates F.C. Selección de rugby de Sudáfrica |
| Eventos | |
O Ellis Park, chamado por motivos publicitarios Coca-Cola Park (First National Bank), é un estadio de fútbol localizado en Xohanesburgo, Sudáfrica, que será sede de partidos da Copa Mundial de Fútbol de 2010. Este estadio acolleu a final da Copa do Mundo de Rugby 1995 onde a selección de rugby de Sudáfrica gañou, feito representado na película "Invictus".
Índice |
Historia [editar]
Inaugurado en 1928, foi demolido e reconstruído en 1982. Ten unha capacidade de 62.567 espectadores para partidos de rugby ou fútbol. Até a construción dos novos escenarios da Copa Mundial de Fútbol de 2010, era o estadio máis moderno do país. Ellis Park é a sede do Orlando Pirates F.C., que se converteu en 1995 no primeiro equipo de Sudáfrica en alzarse co título da Copa Africana de Clubs Campións.
O 11 de abril de 2001 foi escenario dunha das maiores traxedias do deporte: durante un encontro entre Kaizer Chiefs e Orlando Pirates, 43 seareiros morreron tentando acceder ao seu interior, cando xunto con 30.000 persoas máis tentaban ingresar a un estadio que xa estaba cheo. Albergou a final da Copa do Mundo de Rugby 1995 e será unha das sedes da Copa Mundial de 2010. Para esta competición, a súa capacidade será ampliada a 70.000 localidades, e a súa remodelación será mínima.[1]
Copa do Mundo 2010 [editar]
- Artigo principal: Copa Mundial de Fútbol de 2010.
Partidos [editar]
O Ellis Park albergou durante o campionato sete encontros: cinco encontros da fase de grupos, un de oitavos de final e un de cuartos de final. Os partidos foron os seguintes:
| Data | Fase | Equipo | Resultado | Equipo | Espectadores | ||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 12 de xuño | Primeira rolda | Arxentina |
|
Nixeria |
|
||
| 15 de xuño | Primeira rolda | Brasil |
|
Corea do Norte |
|
||
| 18 de xuño | Primeira rolda | Eslovenia |
|
Estados Unidos |
|
||
| 21 de xuño | Primeira rolda | España |
|
Honduras |
|
||
| 24 de xuño | Primeira rolda | Eslovaquia |
|
Italia |
|
||
| 28 de xuño | Oitavos de final | Brasil |
|
Chile |
|
||
| 2 de xullo | Cuartos de final | Paraguai |
|
España |
|
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||||||||||||