Estadio Moses Mabhida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estadio Moses Mabhida
FIFA World Cup 2010 Netherlands Japan.jpg
Flag of South Africa.svg Moses Mabhida-stadion
Datos
Localización Durban, Suráfrica
Construción
Inauguración 24 de novembro de 2009
Arquitecto GMP Architekten
Custo $450 millóns
Estadio
Superficie 320x280x45 m
Capacidade 70.000
Propietario eThekwini
Eventos

O Moses Mabhida é un estadio multiusos situado en Durban (Suráfrica), construído para a disputa da Copa Mundial de Fútbol de 2010. Leva o nome de Moses Mabhida, un ex secretario xeral do Partido Comunista Surafricano (SACP), e está destinado a ser un estadio de usos múltiples de categoría mundial.[1]

O estadio ten unha capacidade prevista dunhas 70.000 persoas. Está situado no novo Recinto Deportivo Kings Park, como parte dos plans da cidade para a Copa do Mundo da FIFA. Sitúase xunto ao antigo Estadio Kings Park, que dará paso ao novo complexo que inclúe un pavillón cuberto, un museo do deporte, novos aparcadoiros e unha estación de transporte. O nome previsto nun principio para esta instalación era Estadio King Senzangakhona, e aínda é coñecido con este nome nalgúns ámbitos.

Características[editar | editar a fonte]

O deseño do estadio foi levado a cabo polo Estudo alemán GMP Architekten, que xa levou a cabo obras similares en distintas partes do mundo. A característica principal do estadio é o arco que se proxecta 105 m sobre o chan, podendo acceder ao alto do mesmo os espectadores por teleférico dende un lateral, ou a través de centos de chanzos desde o outro. Situado xunto ao Océano Índico, o Moses Mabhida Stadium dispón dun teito cuberto que lle converte no máis vistoso dos novos estadios de Suráfrica.[2]

Construción[editar | editar a fonte]

A súa construción atrasouse treita e dous meses sobre os prazos previstos, sendo finalizado en outubro de 2009, e inaugurado o 29 de novembro do mesmo ano. O custo da construción foi de máis de 450 millóns de dólares, o segundo máis caro dos construídos para o mundial.[3]

Utilización[editar | editar a fonte]

Durante a disputa do Mundial de Fútbol de Suráfrica 2010, o estadio será a sede de cinco encontros da fase de grupos, un de oitavos de final, un de cuartos de final e unha semifinal. Despois será destinado a partidos de fútbol da liga de SuráfricaSuráfrica e da selección nacional, así como encontros de rugby e atletismo.

Copa do Mundo 2010[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Copa Mundial de Fútbol de 2010.

Partidos[editar | editar a fonte]

O estadio Moses Mabhida albergou durante o campionato sete encontros: cinco encontros da fase de grupos, un de oitavos de final, e unha semifinal. Os partidos foron os seguintes:


Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
13 de xuño Primeira rolda Alemaña Alemaña
4 - 0
Australia Australia
62.660
16 de xuño Primeira rolda España España
0 - 1
Suíza Suíza
62.453
19 de xuño Primeira rolda Países Baixos Flag of the Netherlands.svg
1 - 0
Flag of Japan.svg Xapón
62.010
22 de xuño Primeira rolda Nixeria Flag of Nigeria.svg
2 - 2
Flag of South Korea.svg Corea do Sur
61.874
25 de xuño Primeira rolda Portugal Flag of Portugal.svg
0 - 0
Flag of Brazil.svg Brasil
62.712
28 de xuño Oitavos de final Países Baixos Flag of the Netherlands.svg
2 - 1
Eslovaquia Eslovaquia
61.962
11 de xullo Semifinal Alemaña Alemaña
0 - 1
España España
60.960

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estadio Moses Mabhida