Loftus Versfeld
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Pretoria, Sudáfrica |
| Inauguración | 1923 |
| Renovación | 2008 |
| Superficie | Céspede |
| Capacidade | 51.762 |
| Eventos | |
O Loftus Versfeld é un recinto deportivo situado en Pretoria, Sudáfrica. Ten unha capacidade para 51.762 espectadores e todas as localidades son de asento. O estadio leva o nome de Robert Owen Loftus Versfeld, o fundador dos deportes organizados en Pretoria.
Co paso dos anos o estadio foi sometido a diversos cambios de nome debido aos seus diferentes patrocinadores, aínda que os locais sempre se referiron á cancha como Loftus Versfeld. Entre o 11 de xuño de 1998 e o 4 de febreiro de 2003, o estadio foi denominado oficialmente Minolta Loftus, para deixar paso a partir do 5 de febreiro de 2003 ao Securicor Loftus. O 1 de setembro de 2005, o proceso do cambio de nome finalizouse cando Vodacom converteuse no patrocinador e restableceu o nome orixinal de Loftus Versfeld.
Índice |
Historia [editar]
O emprazamento do estadio foi utilizado por primeira vez para o deporte en 1906, e o terreo foi chamado simplemente Eastern Sports Ground. A primeira estrutura de formigón foi erixida alí polo Concello en 1923. A estrutura orixinal só podía acomodar 2.000 espectadores, e non dispuña de infraestruturas apropiadas. En 1928 levantáronse vestiarios e aseos, debido en gran medida á xira que realizarían os All Blacks por Sudáfrica ese mesmo ano.
Cando o Sr. Loftus Versfeld morreu repentinamente en maio de 1932, cambiouse o nome de Eastern Sports Ground polo seu como homenaxe a un home que fixo moito para desenvolver o deporte na zona. O estadio foi coñecido como Loftus Versfeld Stadium desde entón. Actualizouse en varias ocasións, a última en 1984, cando o Pavillón Norte recibiu unha remodelación.
Remodelación para a Copa do Mundo [editar]
Unha mínima modernización foi necesaria no Loftus Versfeld para adecualo para a celebración de encontros de primeira e segunda rolda da Copa Mundial de Fútbol de 2010. O estadio someteuse a unha serie de melloras de varios millóns de rands, incluíndo un teito sobre a bancada leste, melloras na iluminación, os accesos e a seguridade, adecuación da zona de prensa, melloras en aparcadoiros e substitución de todos os asentos do estadio- de forma que en 2008 converteuse no primeiro estadio de Sudáfrica terminado e preparado para a Copa do Mundo.
Copa do Mundo 2010 [editar]
- Artigo principal: Copa Mundial de Fútbol de 2010.
Partidos [editar]
O Cape Town Stadium albergou durante o campionato seis encontros: cinco encontros da fase de grupos e un de oitavos de final. Os partidos foron os seguintes:
| Data | Fase | Equipo | Resultado | Equipo | Espectadores | ||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 13 de xuño | Primeira rolda | Serbia |
|
Gana |
|
||
| 16 de xuño | Primeira rolda | Sudáfrica |
|
Uruguai |
|
||
| 19 de xuño | Primeira rolda | Camerún |
|
Dinamarca |
|
||
| 23 de xuño | Primeira rolda | Estados Unidos |
|
Alxeria |
|
||
| 25 de xuño | Primeira rolda | Chile |
|
España |
|
||
| 29 de xuño | Oitavos de final | Paraguai |
|
Xapón |
|
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||||||||||||