Giovanni van Bronckhorst

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gio no FC Barcelona (decembro de 2006).

Giovanni van Bronckhorst, nado en Róterdan o 5 de febreiro de 1975, é un ex futbolista neerlandés con ascendencia indonesa. Adoita xogar de defensa, aínda que tamén pode xogar de centrocampista.

O seu primeiro equipo foi o RKC Waalwijk, e retirouse no Feyenoord Rotterdam, do cal foi capitán.

Clubs[editar | editar a fonte]

Club País Ano
RKC Waalwijk Países Baixos 1993-1994
Feyenoord Rotterdam Países Baixos 1994-1998
Rangers FC Escocia 1998-2001
Arsenal FC Inglaterra 2001-2003
FC Barcelona Catalunya 2003-2007
Feyenoord Rotterdam Países Baixos 2007-2010