Toma de Lisboa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asedio de Lisboa / Toma de Lisboa
Parte de Reconquista - Segunda Cruzada
Siege of Lisbon - Muslim surrender.jpg
O sitio de Lisboa por Afonso Henriques.
Pintura de Joaquim Rodrigues Braga (1840).
Data 1 de xullo ao 25 de outubro de 1147
Lugar Lisboa (Portugal)
Resultado Vitoria decisiva para a independencia portuguesa
Cambios territoriais Lisboa é anexionada ao Reino de Portugal
Belixerantes
PortugueseFlag1143.svg Reino de Portugal
Cross-Pattee-red.svg Cruzados
Flag of Morocco 1147 1269.svg Imperio Almorábide
Líderes
PortugueseFlag1143.svg Afonso I de Portugal
Henry Glanville
Arnold III de Aerschot
Christian de Ghistelles
Simon de Dover
Andrew de Londres
Saher de Archelle
Descoñecidos
Forzas en combate
20.000 homes
  • 7.000 portugueses
  • 6.000 ingleses
  • 5.000 alemáns
  • 2.000 flamengos
~15.000 homes
Baixas
Indeterminadas Indeterminadas

O asedio de Lisboa, tamén coñecido como toma de Lisboa, tivo lugar entre o 1 de xullo e o 25 de outubro de 1147, saldándose coa toma da cidade polos cristiáns portugueses e os seus aliados, cruzados procedentes de varios países europeos, que lla arrebataron aos musulmáns, momento clave no proceso da Reconquista e un dos poucos éxitos da Segunda Cruzada, e que contribuiu a afianzar á incipiente monarquía portuguesa.

A caída de Edesa en 1144 animou ao papa Euxenio III a convocar unha nova cruzada para 1145 e 1146. O Papa tamén autorizou unha cruzada para a península Ibérica, aínda que esta fose unha guerra de desgaste con xa varios séculos, desde a derrota dos mouros en Covadonga, no 718. Xa nos primeiros meses da Primeira Cruzada, en 1095, o Papa Urbano II pedira aos cruzados ibéricos (futuros portugueses, casteláns, leoneses, aragoneses, etc.) que permaneceran na súa terra, xá que a súa propia guerra consideránase tan importante para a cristiandade como a dos cruzados na procura da conquista de Xerusalén. Euxenio reiterou a decisión, autorizando a Marselha, Pisa, Xénova e outras grandes cidades mediterráneas a participar na guerra da Reconquista.

O 19 de maio de 1147 parten, de Dartmouth (Inglaterra), os primeiros continxentes de flamengos, normandos, ingleses, escoceses e algúns cruzados xermanos. Segundo Odo de Deuil, a frota estaba constituída por 164 navios, cifra que probabelmente foi aumentado progresivamente até a chegada a Portugal. Durante esta parte da cruzada, os cruzados non estaban baixo o mando de nigún príncipe ou rei; Inglaterra estaba en pleno período de anarquía. A frota estaba dirixida por Arnold III de Aerschot (sobriño de Godofredo de Lovaina), Christian de Ghistelles, Henry Glanville (condestábel de Suffolk), Simon de Dover, Andrew de Londres e Saher de Archelle.

O mal tempo obrigou aos buques a deterse na costa portuguesa o 16 de xuño, concretamente ao norte do Porto. Alí foron convencidos polo bispo do Porto, Pedro II Pitões, para que tomaran parte na Reconquista. Despois da conquista de Santarém (1147), sabendo da dispoñibilidade dos cruzados para axudar, as forzas de Afonso Henriques proseguiran para o sur, camiño de Lisboa. Acordouse compensar aos cruzados permitíndolles o saqueo da cidade de mercadorías e diñeiro, previsto nun principio para o intercambio de presos.

As forzas portuguesas avanzaban por terra, e as dos cruzados por mar, penetrando na foz do río Texo; en xuño dese mesmo ano, ambas as forzas estaban reunidas, librándose as primeiras escaramuzas nos arrabaldes ao oeste do outeiro sobre a cal se erguia a cidade de entón (hoxe, a chamada Baixa). Despois de violentos combates, tanto nese arrabalde como no leste, os musulmáns foron dominados polos cristáns, impoñéndose desta forma o cerco á opulenta cidade mercantil.

O asedio comezou o 1 de xullo. Tras catro meses, os gobernantes mouros acordaron a entrega da cidade o 25 de outubro, debido á situación de fame que existía entre a poboación. A maioría dos cruzados asentáronse na recén tomada cidade, aínda que algúns deles embarcaron cara á Terra Santa.

Lisboa converteríase na capital do Reino de Portugal algo máis dun século máis tarde, en 1255.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Coordenadas: 38°42′N 9°11′W / 38.700°N 9.183°W / 38.700; -9.183