Tomás Taveira
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tomás Taveira, nado en Lisboa en 1938, é un arquitecto portugués.
Formouse na Escola Superior de Belas Artes de Lisboa e no Massachusetts Institute of Technology nos EUA. Segue o estilo posmoderno, con edificios espellados e elementos xeométricos de cores rechamantes. Deseñou tres edificios da Euro 2004.
Obras [editar]
- Complexo comercial e residencial das Amoreiras (1985), Lisboa.
- Zona residencial das Olaias (Premio Valmor de 1982).
- Edificio sede do BNU (hoxe CNA), outro Premio Valmor.
- Edificio do IADE.
- Condominio de moradias en Palmela.
- Estadio Alvalade XXI.
- Estadio Municipal de Aveiro.
- Estadio Municipal de Leiria.
- Estación de metro das Olaias, inaugurada en 1998.