Centro Cultural de Belém

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 38°41′44″N 09°12′28″W / 38.69556°N 9.20778°W / 38.69556; -9.20778

Centro Cultural de Belém.

O Centro Cultural de Belém é un edificio civil de Lisboa, erixido a comezos da década de 1990 e inaugurado para ser a sede da presidencia portuguesa da Comunidade Económica Europea (actual Unión Europea).

Abriuse como centro cultural e de conferencias en 1993, destacándose no seu programa a música, as artes teatrais e a fotografía. Tamén dispón dun gran centro de exposicións e un museo de deseño con pezas dende 1937. A cafetería e o restaurante teñen vistas aos xardíns de oliveiras, que amortecen o ruído do tráfico, e dende onde se poden ver os peiraos e o río. Nos fins de semana o centro énchese de artistas, actores e patinadores.