Vila Franca de Xira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ponte en Vila Franca

Vila Franca de Xira é unha cidade portuguesa no Distrito de Lisboa, rexión de Lisboa e subrexión da Grande Lisboa, con cerca de 18.400 habitantes. Pertencía aínda á antiga provincia do Ribatejo, hoxe porén carente de ningún significado político-administrativo.

É sede dun concello de 293,88 km² de área e 133.224 habitantes (2004), subdividido en 11 freguesías. O municipio está limitado ao Norte polos municipios de Alenquer e Azambuja, ao Leste por Benavente, ao Sur polo estuario do Texo, o Sur e Oeste por Loures e ao Noroeste por Arruda dos Vinhos.