Dili
| Dili | |
|---|---|
| Mapa | |
| Información básica | |
| Estatuto: | Cidade Capital (1769) |
| País: | |
| -Distrito: | Dili |
| Poboación: | 163.305 hab. (1 de xaneiro de 2006) |
| -Latitude: | 8°34' S |
| -Lonxitude: | 125°34' L |
Dili (en portugués: Díli) é a capital de Timor Leste. Sitúase na costa norte da illa de Timor, a máis oriental das illas do arquipélago malaio. Dili é o principal porto e centro comercial de Timor Leste e tamén posúe un aeroporto usado por voos comerciais e militares. Ten aproximadamente uns 48 mil habitantes.
Historia [editar]
Dili foi fundada o 1769 polos portugueses, como nova capital do Timor Portugués, en substitución de Lifau, no actual enclave de Oecussi-Ambeno, demasiado vulnerábel aos ataques dos holandeses. Durante a Segunda Guerra Mundial a cidade foi ocupada polos xaponeses e, coa fin da guerra, retornou o dominio portugués. Cando Timor Leste proclamou a súa independencia o 28 de novembro de 1975, tornouse capital do novo país. Porén, nove días despois, o 7 de decembro, forzas militares da Indonesia invadiron Dili. O 7 de xullo de 1976, a Indonesia transformou Timor Leste na súa 27ª provincia, chamada Timor Timur. No entanto, unha loita de guerrillas contra o invasor proseguiu, sendo violentamente combatida polo goberno indonesio. Ducias de millares de civís foron mortos.
Cando o país recuperou a súa independencia (vide historia de Timor Leste), Dili volveu novamente a ser capital do país.