Materia de Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lenda artúrica")
A espada Excalibur na pedra

A Materia de Bretaña, denominada ás veces ciclo artúrico ou ciclo bretón, é unha temática literaria que trata sobre o Rei Artur e os cabaleiros da mesa redonda que van á busca do Santo Graal. É unha das temáticas que máis libros produciu na literatura universal. A Materia de Bretaña, xunto coa Materia de Francia (que se refire ás lendas de Carlomagno) e a Materia de Roma (que inclúe materiais da mitoloxía clásica), era un dos tres grandes ciclos literarios da literatura medieval. O poeta francés do século XII Jean Bodel creou o nome segundo as liñas do seu poema épico Chanson de Saisnes:

Ne sont que III matières à nul homme atandant,
De France et de Bretaigne, et de Rome la grant.
Hai soamente tres materias que ninguén deberia esquecer,
a da Francia, a da Bretaña, e a da grande Roma.

Temas e elementos[editar | editar a fonte]

Historia lendaria de Bretaña[editar | editar a fonte]

Comunmente, crese que esta historia lendaria creouse para que servise de base para o patriotismo mitolóxico da illa británica.

Xeografia da Gran Bretaña ao redor do ano 500

A Historia Brittonum, a fonte máis antiga que se coñece da historia de Bruto de Bretaña, puido crearse para posuír unha xenealoxía de varios príncipes galeses do século IX. Considérase que foi Nennio o autor desta primeira fonte, mais non se sabe con seguridade porque existiron varias recensións. Esta historia logrou grande aceptación porque o seu autor creou unha unión entre Bruto e a diáspora dos heroes tras a Guerra de Troia, o cal foi un valioso material usado polos posteriores mitógrafos como Godofredo de Monmouth, Michael Drayton, e John Milton, autores que poderían utilizar isto para conectar as Illas Británicas coa era heroica da literatura grega. Así, por exemplo, Virxilio uniu a fundación mítica de Roma coa Guerra de Troia na Eneida. Godofredo de Monmouth tamén presentou a imaxinaria historia segundo a cal supostamente o nome da tribo celta dos Trinovantes proviña de Troi-novant, isto é, a "Nova Troia".

Outras versións máis especulativas unen a mitoloxía celta con varios gobernantes e incidentes narrados por Godofredo de Monmouth na súa Historia Regum Britanniae. Tamén se suxeriu que, por exemplo, Leir de Bretaña, quen posteriormente sería o Rei Lear de Shakespeare, era orixinalmente o deus mariño irlandés Lir. Moitas deidades celtas foron identificadas con personaxes artúricos, como por exemplo a fada Morgana, que se identificou coa deusa irlandesa Mórrígan. Moitas destas identificacións viñeron das especulacións da comparación de relixións a finais do século XIX, algo que se cuestionou posteriormente.

Ao parecer, William Shakespeare estaba moi interesado na historia lendaria de Bretaña, así como tamén nas súas variantes máis escuras. As obras de Shakespeare conteñen varias historias relacionadas con estes reis lendarios, como o Rei Lear e Cimbelino. Crese que o mestre galés de Shakespeare, Thomas Jenkins, foi quen lle presentou este material, e tamén quizais o animou a ler a Godofredo de Monmouth. Estas historias tamén figuran n`As Crónicas de Inglaterra, Escocia e Irlanda de Raphael Holinshed, quen tamén parece ser fonte do Macbeth de Shakespeare. Un mestre galés aparece como o personaxe de Sir Hugh Evans n`As Alegres Comadres de Windsor.

Outros autores tamén usaron as primeiras historias de Artur e as fontes pseudo-históricas da Materia de Bretaña. Os escoceses, por exemplo, formularon unha historia mítica nas liñas reais dos Pictos e os Dalriada. A pesar de seren liñas veraces (a diferenza das de Godofredo), as orixes son pouco precisas e incorporan detalles tanto da historia mítica bretoa como da irlandesa. A historia de Gabhran, en especial, incorpora elementos de ambas as mitoloxías.

O Ciclo artúrico[editar | editar a fonte]

O ciclo literal artúrico é a parte mellor coñecida da Materia de Bretaña. O seu recoñecemento débese a que narra dúas historias entrelazadas que intrigaron a varios autores posteriores. Unha trata sobre Camelot, usualmente visualizada como unha utopía chea de virtude cabaleiresca, algo que posteriormente sería revertido polos erros do rei Artur e Sir Lancelot. A outra historia fala sobre das buscas do Santo Graal feitas por varios cabaleiros, algunhas que foron exitosas (como as de Galahad ou Percival), namentres que outros fallaron (como Sir Lancelot).

As historias medievais de Artur e os seus cabaleiros están cheas de temas cristiás, os cales tratan sobre a destrución dos virtuosos planos humanos debido ás fallas morais dos personaxes, e a busca dunha importante reliquia cristiá. Finalmente, as relacións de amor cortés entre os personaxes, como Lancelot e Xenebra, ou entre Tristán e Isolda. Posteriormente houbo unha tendencia de unir as historias do Rei Artur e os seus cabaleiros coa mitoloxía celta, en versións reconstruidas a principios do século XX, plenamente románticas.

Ademais, é posible considerar a literatura artúrica en xeral, e especialmente aquelas historias acerca do Graal, como unha alegoría do desenvolvemento humano e o crecemento espiritual (un tema explorado por Joseph Campbell, entre outros).

Fontes orixinais da materia de Bretaña[editar | editar a fonte]

A Mesa Redonda de Winchester (século XIII)

Neste apartado inclúense as fontes orixinais a partir das cales se desenvolve a Materia de Bretaña ou, dito doutra maneira, a literatura artúrica.

  • Anónimo. Historia de Merlín (século XIII). Elaboración en prosa baseada na obra fragmentaria de Robert de Boron. Encaixa ben co resto da Vulgata. Hai edición en español elaborada por Carlos Alvar publicada en Edicións Siruela en dous volumes (1988).
  • Gauter Map (Pseudo Map). Lanzarote en prosa (c. 1230). É a parte principal do ciclo da Vulgata. Componse de tres partes: Historia de Lanzarote do Lago, A procura do Santo Grial e A morte do rei Arturo. Vexámolas:
    • Historia de Lanzarote do Lago. Narra a historia da corte do rei Artur desde a morte de Merlín até o comezo d´A demanda do Santo Graal. É a parte máis extensa (1700 páxinas). Hai edición en español elaborada por Carlos Alvar e publicada Alianza Editorial en 7 volumes:
      • A raíña do gran sufrimento.
      • O libro de Galahot.
      • O val sen retorno.
      • O libro de Meleagant. Madrid. 1988.
      • O libro de Agravaín. Madrid. 1988.
      • O bosque perdido. Madrid. 1988.
      • A tolemia de Lanzarote. Madrid. 1988.
O mago Merlín nunha ilustración medieval
    • A procura do Santo Graal. Narra a demanda do Santo Grial. Xunto co Perceval e o Parsifal, son as tres fontes principais sobre o Santo Graal, aínda que ten pouca sintonía con elas. Hai unha edición en español preparada por Carlos Alvar para Alianza Editorial (Madrid, 1987).
    • A morte do rei Arturo (c. 1230). A última parte do Lanzarote en prosa. Conta a decandencia e caída do universo artúrico. Non se confunda esta obra coa de Malory. Hai unha edición en español preparada por Carlos Alvar para Alianza Editorial (Madrid, 1987).
  • Chrétien de Troyes: O cabaleiro da carreta (1177-1181) narra unha das aventuras de Lanzarote do Lago. Hai edición en español preparada por Luis Alberto de Cuenca e Carlos García Gual para Alianza editorial (Madrid, 1983).
  • Wolfram von Eschenbach: Parsifal ou Parzival (c. 1220). Cuns vinte anos de diferenza co Perceval de Chrétien de Troyes. Ten a vantaxe de ofrecer a historia completa, con especial tratamento do Graal. Hai edición en español preparada por Antonio Regales e publicada en Edicións Siruela.
  • Anónimo. O baladro do sabio Merlín (1498?). Reelaboración tardía da Historia de Merlín. Escrita en español. Hai edición en español publicada en Miraguano Ediciones (Madrid, 1988).

Materia de Bretaña en galego-portugués medieval[editar | editar a fonte]

Os textos conservados na literatura medieval galaico-portuguesa, e que desenvolven as lendas en torno ao Rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda, son:

  • Xosé de Arimatea: Conta a orixe e significado do Santo Graal. O manuscrito é do século XVI, e resulta ser unha copia doutro anterior (Torre do Tombo, Lisboa).
  • Livro de Merlin (fragmentos): Narra as profecías do mago Merlín. Procede da Suite de Merlin (Biblioteca de Cataluña) e consérvase nun manuscrito do século XIV.
  • A Demanda do Santo Graal: Trata sobre a busca do Graal por parte dos cabaleiros da mesa redonda. O manuscrito, de fins do XIV ou comezos do XV, está na Biblioteca de Viena.
  • Livro de Tristan (fragmentos): Trátase dunha narración dos amores tráxicos de Tristán e Isolda. O manuscrito é de fins do século XIV.
  • Algúns textos líricos (lais e algunhas referencias noutras cantigas) e outros textos en prosa tamén presentan unha forte presenza da materia de Bretaña.

Personaxes e temas[editar | editar a fonte]

Reis lexendarios e fundadores[editar | editar a fonte]




O Rei Artur[editar | editar a fonte]




  • Merlín, o mago, conselleiro de Artur
  • Mordred, fillo de Artur e Morgana, inimigo de seu pai
  • Ávalon, o lugar do descanso de Arturo

Os Cabaleiros da Mesa Redonda[editar | editar a fonte]




Outras personaxes[editar | editar a fonte]




Principais autores[editar | editar a fonte]

Medievais (do século VI ao XVI)[editar | editar a fonte]

Autor Século Obras
Béroul XII Tristan
Chrétien de Troyes XII Erec e Enide, Cligès, Lancelot, o cabaleiro da carreta, Yvain, o cabaleiro do león, Perceval, a historia do Graal
Geoffrey Chaucer XIV The Canterbury Tales
Geoffrey of Monmouth XII Historia Regum Britanniae
Hartmann von Aue XII Erec .. Ywain
Layamon XIII Brut
Thomas Malory XV Le Morte d'Arthur
Marie de France XII O Lais de María de Francia: Lai de Yonec, Lai de Frêne, Lai de Lanval (...)
Nennio 0IX Historia Brittonum
Robert de Boron XII Estoire dou Graal
Taliesin 0VI e XIV Libro de Taliesin
Thomas of Britain XII Tristán e Isolda
Wace XII Roman de Brut, Roman de Rou
Wolfram von Eschenbach XII Parzival
Raoul de Houdenc XII Méraugis de Portlesguez
Païen de Maisières XIII La Demoiselle à la Mule (tamén chamado La Mule sans Frein)
Rustichello da Pisa XIII Roman de Roi Artus, Gyron le courtois, Meliadus de Leonnoys (Meliadus)
Ulrich von Zatzikhoven XIII Lanzelet

Modernos e contemporáneos (dos séculos XVI ao XXI)[editar | editar a fonte]

Autor Século Obras
William Shakespeare XVI O Rei Lear
Edmund Spenser XVI La Reine des fées
Raphael Holinshed XVI Les Chroniques d'Angleterre, Écosse et Irlande
Michael Drayton XVI
Alfred Tennyson XIX La Dame de Shalott, Idylls of the King
René Barjavel XX L'Enchanteur
Michel Rio XX Merlin, Morgane, Arthur
Jacques Boulenger XX La légende du Roi Arthur et des chevaliers de la Table Ronde
Marion Zimmer Bradley XX Le cycle d'Avalon
Nancy McKenzie XX Guenièvre
Boris Vian XX Le Chevalier de Neige
Guillaume Apollinaire XX L'enchanteur pourrissant
Gillian Bradshaw XX
Bernard Cornwell XX Le roi de l'hiver
Harold Foster XX Prince Vaillant
Autor Século Obras
Parke Godwin XX
David Jones XX
Debra A. Kemp|XX
Stephen Lawhead XX Le Cycle de Pendragon
Covington Scott Littleton XX De Scythie à Camelot
Linda Ann Malcor XX De Scythie à Camelot
Jean Markale XX Le Cycle du Graal
Rosalind Miles XX
John Steinbeck XX Le Roi Arthur et ses preux chevaliers
Mary Stewart XX
Charles White XX
T. A. Barron XX
Terence Hanbury White XX L'Épée dans la pierre
Jack Whyte XX
Charles Williams XX
Jean-Louis Fetjaine XX Les Chroniques des elfes, Le Pas de Merlin

Literatura galega contemporánea[editar | editar a fonte]

Obras anónimas[editar | editar a fonte]

Obras Século
L'Âtre Périlleux (on Gawain) XIII
Blandin de Cornouaille XIV
Le Chevalier à l'Épée
Le Chevalier au Papegau
La Demoiselle à la Mule XII
Gliglois (heroe que entra ao servizo de Galván)
Hunbaut
A vida de Caradoc
Ciclo de Lanzarote-Graal XIII
O Mabinogion (en galés medieval)
Ciclo Pos-Vulgata (posterior a Lanzarote-Grial) XIII
Les Merveilles de Rigomer (Lanzarote, Galván e 58 cabaleiros) XIII
Perlesvaus ou le Haut Livre du Graal XIII
Le Roman de Jaufré
Sir Gawain e o Cabaleiro Verde
O romance en prosa Tristán


O combate entre Artur e Mordred, ilustrado por N.C. Wyeth en 1922

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Derek Pearsall, Arthurian Romance: a short introduction, Blackwell, Oxford, 2005.
  • D. H. Green, The Beginnings of Medieval Romance: Fact and fiction, 1150–1220, CUP Cambridge 2005.
  • Carol Dover (ed), A Companion to the Lancelot-Grail Cycle, Boydell & Brewer, 2005.
  • Lorenzo Gradín, P. e Souto Cabo, J. A.: Livro de Tristan e Livro de Merlin. Estudio, edición, notas e glosario. CRPIH, 2001.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]