Utopía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación utópica de Robert Owen (1838).

A Utopía é a idea ou representación dunha civilización ideal, fantástica e imaxinaria, referíndose a unha cidade ou a un mundo paralelo ao actual. É un termo que vén do grego e significa "bo lugar que non existe". Foi inventado por Tomás Moro, un escritor inglés e humanista, que estaba impresionado polas narracións extraordinarias de Américo Vespucio sobre a illa de Fernando de Noronha. Tomás dixo que nesa illa podíase construír unha civilización perfecta e debido a isto escribiu un libro titulado Libellus, de optimo reipublicae statu, deque nova insulta Vtopiae no que Fernando de Noronha pasaría a ser o lugar perfecto da primeira utopía.

Utopía tamén pode considerarse como un modo optimista de ver o mundo e de ver as cousas como nos gustaría que fosen. Existen catro tipos de Utopía: a económica, a relixiosa, a política e a ambiental.

Tipos de Utopía[editar | editar a fonte]

Económica[editar | editar a fonte]

As utopías socialistas e comunistas centráronse na distribución equitativa dos bens, con frecuencia anulando completamente a existencia do diñeiro. Os cidadáns dedícanse ás labores que máis lles agrada e que se orientan ao ben común, permitíndolles contar con moito tempo libre para cultivar as artes e as ciencias.

As utopías capitalistas ou de mercado libre centrábanse na libre empresa, nunha sociedade onde todos os habitantes teñan acceso á actividade produtiva, e algúns (ou incluso ningún) a un goberno limitado ou mínimo. Alí os homes produtivos desenvolven o seu traballo, a súa vida social, e as demais actividades pacíficas en liberdade, apartados dun Estado intromisorio e expoliador. Relaciónanse en especial ao ideal do liberalismo.

Relixiosa[editar | editar a fonte]

A visión que tiñan tanto no Islam como no cristianismo respecto ao paraíso é a de unha utopía, en especial nas manifestacións populares: a esperanza dunha vida libre de pobreza, pecado ou de calquera outro sufrimento, máis alá da morte. Nun sentido similar, o nirvana do budismo pódese asemellar a unha utopía. As utopías relixiosas son concibidas principalmente coma un xardín das delicias, unha existencia libre de toda preocupación con rúas cubertas de ouro, en unha gozosa iluminación con poderes case divinos.

Política[editar | editar a fonte]

Unha utopía global de paz mundial é con frecuencia considerada un dos finais da historia posiblemente inevitables.