Bagdemagus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bagdemagus é un personaxe que aparece nas lendas da Materia de Bretaña que adoita ser descrito como rei da terra de Gorre e como un cabaleiro da Táboa Redonda.

Bagdemagus é representado como o pai Maleagant, que secuestra á esposa do Rei Artur, a raíña Xenevra en varias versións dun episodio popular. Bagdemagus aparece por primeira vez nas fontes francesas, pero o personaxe pode que evolucionase a partir das primeiras tradicións galesas que falan do secuestro de Xenevra. Na meirande parte das versións é representado como un familiar e aliado de Artur e como un rei sabio e virtuoso, a pesar das accións do seu fillo.

Na literatura medieval é nomeado no libro Lancelot, le Chevalier de la Charrette, 1170.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]