Gauvain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sir Gawain (Howard Pyle)

Gauvain ou Galván, sobriño do Rei Artur e cabaleiro da Mesa Redonda, é un personaxe das obras literarias da Materia de Bretaña ou Ciclo Artúrico. O personaxe é moitas veces designado como Gawain, variante máis común nos países anglo-saxóns, aí normalmente precedida polo título Sir. Nas versións medievais galego-portuguesas das historias artúricas, era común traducir o nome da personaxe como Galvão ou Gualvam e precedelo polo título Don.

A lenda de Gauvain[editar | editar a fonte]

Gauvain é moitas veces descrito como sobriño do rei Artur, fillo do Rei Lot con Morgause e irmán de Gaheris e Gareth. Posuía un comportamento moi irritadizo, como se pode constatar en Layamon, onde, cando Artur descobre a traizón de Lancelot e Xenebra, Gavain declara que vai estrangular a Mordred coas súas propias mans e que Xenebra debía ser despedazada por cabalos salvaxes. Outra pasaxe, descrita por Thomas Malory, onde se pode visualizar o carácter vingativo de Gauvain, é mostrada cando do cerco ao castelo de Lancelot. Lancelot, que durante a fuga coa raíña mata a Gaheris e a Gareth, afirma que a acusación de traizón contra el é falsa e que o xulgamento por combate xa mostrara que el estaba certo. Artur podería até perdoalo, mais Gauvain non deixa que iso ocorra. O clímax da historia é a loita entre Gauvain e Lancelot. A loita é interesante, pois mostra vestixios dunha historia moi antiga.

Gauvain ten unha peculiaridade que lle permite gañar forza física no período que vai das nove da mañá até o mediodía. Malory di que iso era un presente dun home santo, mais é claro que, orixinalmente, Gauvain era un adorador do deus-sol. A respecto desta vantaxe, Lancelot simplemente resiste nas horas de forza de Gauvain e, cando elas declinan, lanzao á terra. Por dúas veces esa loita sobrenatural acontece e cada vez que Gauvain é tirado no chan, chama a Lancelot para continuar a loita. Lancelot responde que quer loitar con el de novo, mais só cando estiver de pé.

Gauvain e o Cabaleiro Verde[editar | editar a fonte]

Gauvain

O conto máis famoso de Gauvain, no entanto, é intitulado Sir Gawain and the Green Knight (Sir Gawain e o Cabaleiro Verde), escrito por volta do ano 1400. No día do Ano Novo, cando o rei, a raíña e a corte están reunidos para un xantar, un cabaleiro de tamaño incomún entra no casarón co seu cabalo. Pide que algún cabaleiro alí presente lle dea un golpe no pescozo co machado que el carrega e que, no próximo Ano-Novo, o opoñente estea na Capela Verde para recibir, pola súa vez, o seu golpe. O cabaleiro e as súas roupas, así como o seu cabalo, os traxes e os arreos, todo era verde. O ouro e o aceiro estaban manchados de verde, os arreos relucían e cintilaban con pedras verdes e filetes de ouro estaban entrelazados na crina verde do cabalo. Artur inmediatamente se ofrece para o desafío do cabaleiro, mais Gauvain se interpón e o toma para si. Cun golpe de machado, corta a cabeza do cabaleiro que rola polo chan, espallando sangue na carne verde. O cabaleiro verde recolle a cabeza. Levanta as pálpebras, olla vivamente e entón encarrega a Gauvain encontralo naquel día, despois dun ano, na Capela Verde. Segurando a cabeza polos cabelos verdes, monta no seu cabalo e deixa o casarón.

Un ano despois, para manter a palabra, Gauvain chega ao castelo de Bertilak, anfitrión cordial e xeneroso que, por ter cor normal, non é recoñecido como sendo o cabaleiro verde. Gauvain chega ao castelo nun estado de extremo cansazo. Recibido con hospitalidade, envolvido nun manto de armiños enfileirados, é convidado a sentar ao lado dunha lareira con brasas de carbón. Cando Sir Bertilak retorna ao seu castelo, despois da caza, recibe o hóspede con moita cortesía e concorda con el que daría o produto da súa caza a Gauvain todo o día e, en troca, Gauvain lle daría algo que tivese recibido no castelo.

Durante a súa estada no castelo, Gauvain recibe de mañá, antes de saír da cama, a visita da bela muller de Bertilak, véndose obrigado a resistir ás súas insinuacións. Por dous días así o fai, aceptando soamente beixos que, á noite, transmite a Sir Bertilak en troca da caza. Na terceira mañá, porén, a señora oferécelle un cordón verde que o protexerá de calquera ferimento, o medo da súa probación fai que o acepte, mais esconde o feito do seu anfitrión. Cando chega o día do Ano Novo, para honrar o seu compromiso, el sae en busca da Capela Verde. Achando o lugar, o Cabaleiro Verde aparece para devolver o golpe de Gauvain. Se el non tivese aceptado o cordón verde, o machado tería caído sobre el inofensivamente, mais, como iso non aconteceu, o machado esfola a súa pel e o seu sangue corre con ímpeto. Agora revélase que o Cabaleiro Verde é o propio Bertilak, que fora enfeitizado pola irmá de Artur, a fada Morgana. Despois de trocaren moitas cortesías, Gauvain parte e retorna á corte de Artur, a quen confesa a súa pequenez por ter aceptado o cordón.

Galván na literatura galega[editar | editar a fonte]

  • Darío Xohán Cabana escribiu o libro titulado Galván en Saor, no que se recrea un Galván a medio camiño entre a o pasado e o presente, xa que do cabalo do pasado sáltase para un medio motorizado (unha moto).