Merlín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Merlín ditando os seus poemas, ilustración dun libro francés do século XIII.

O mago e adiviño Merlín é un dos personaxes centrais do ciclo bretón e da literatura en torno ao Rei Artur. Foi o artífice da Táboa Redonda; mercé un dos seus encantamentos foi concibido Artur, a quen educaría e guiaría ao seu ascenso ao trono. Discípula súa (e rival segundo interpretacións recentes) foi Morgana, outro personaxe máxico da tradición artúrica.

Biografía[editar | editar a fonte]

A historia de Merlín está repleta de misterios e como a súa vida está relatada principalmente por obras literarias, ou de pouca credibilidade histórica, é difícil sinalar a data exacta do seu nacemento.

Segundo algunhas versións, Merlín foi xerado polo demo (íncubo) Asmodeo, un espírito corrompido que se uniu ilicitamente a una monxa. Así, el herdou a bondade da mai e os poderes do pai. Outras versións suxiren que Merlín foi concibido por súa mai sen ningunha intervención masculina. Finalmente, outros cren que o xerou a forza máxica da antigüidade.

En todo caso, parece ser que Merlín foi creado ao principio para atraer os humanos ao lado escuro, pero ao crecer decidiu facer precisamente o contrario: converteuse en guía espiritual da súa época, e en conselleiro de diferentes reis, como Vortigern, Uther Pendragon e o famoso Arturo de Camelot.

Merlín ilustrado na Crónica de Nuremberg (1493)

Merlín está considerado como o mago máis poderoso da historia. Segundo se conta nas diferentes obras literarias que o teñen de protagonista, era capaz de falar cos animais, de cambiar de forma, de facerse invisible, e tamén de controlar o clima e os elementos, aínda que estas habilidades as empregaba con sumo coidado para non enfurecer a poderosa Natureza. Na novela medieval Lanzarote e Xenebra contábase del o seguinte: "Coñecía a esencia de todas as cousas, a súa transformación e a súa renovación, coñecía o segredo do Sol e da Lúa, as leis que rexen o curso das estrelas no firmamento; as imaxes máxicas das nubes e o ar; os misterios do mar. Coñecía os demos que envían soños baixo a lúa. Comprendía o berro áspero do choia, o voar cantareiro dos cisnes, a resurrección do fénix. Podía interpretar o voo dos corvos, o rumbo dos peixes e as ideas cegas dos homes, e predicía todas as cousas que sucedían despois."

Disque Merlín tiña contactos coas fadas, os gnomos, e incluso cos dragóns; está considerado como o único home que gañou o respecto e a admiración destes monstros, non só pola súa bondade e sabedoría, senón polos seus dotes artísticos (foi un mestre da poesía e a literatura).

Acabou os seus días no bosque de Brocelianda (Bretaña), onde foi recluído nunha árbore pola súa compañeira Vivian. Markale interpreta o mito da prisión merlínica no bosque como o símbolo da unión cósmica entre o home e a natureza. Outras versións mencionan como a cela en que ficou recluído era unha cova, e outras unha gaiola de cristal. E segundo se conta alí estaría aínda agardando que alguén o libere.

O Merlín histórico[editar | editar a fonte]

Merlín aconsellando ao rei Arthur, ilustración de Gustave Doré
Representación de Merlín en Esmelle, Ferrol.

A lenda de Merlín bebe de dúas fontes históricas fundamentais: a tradición de Lailoken e la historia de Ambrosio o Neno.

  • Lailoken era un bardo e poeta que vivía no actual Strythclide (suroeste de Escocia), e que era un importante conselleiro do rei Gwenddolau. Cando o seu señor foi derrotado e morto na batalla de Arfderydd (actual Arthuret) no ano 574, toleou e abandonou a civilización. Fuxiu ás fragas Celidon, onde pasou tres días chorando e alí dedicouse a profetizar en compaña dun lobo. Así relata a tradición a súa historia:
Chorou durante tres días e rechazou todo alimento, así de grande era a dor que o consumía! Fóra de si, berrou e despois, sen ser visto, fuxiu ás fragas. Así é como fixo a súa entrada en Celidon e era feliz de vivir entre os freixos, e asombrouse cando viu os animais salvaxes vivindo nos claros. Deixou de lles ter medo e comezou a frecuentalos. Alimentábase de plantas silvestres e das súas raíces, e gustábanlle os froitos dos arbustos. Converteuse nun iniciado das fragas.

A lenda de Lailoken foi transportada a Gales, onde o personaxe tomou o nome de Myrddin. Trátase dun mito pancéltico que está presente tamén en Irlanda, lugar en que os ciclos mitolóxicos recollen a historia do bardo Suibhne.

  • A outra fonte do mito constitúea a figura de Ambrosio o Neno, que foi contemporáneo do Rei Artur. Profetizou na fortaleza de Dinas Emrys a vitoria do dragón branco (emblema dos saxóns) sobre o dragón vermello (emblema dos Pendragon e aínda hoxe símbolo nacional galés).

A forma actual do nome Merlín fixouna o cronista galés Geoffrey de Monmouth, que alterou o orixinal galés para evitar resonancias co francés merde.

Merlín na literatura[editar | editar a fonte]

Ficcións (por orde cronolóxica de publicación):

Divulgación: