Yvain, o Cabaleiro do León
Ivain, o Cabaleiro do León (en francés: Yvain, le Chevalier au Lion) é unha novela de cabalarías de Chrétien de Troyes. Foi escrita probabelmente en 1170, simultaneamente con Lancelot, o Cabaleiro da Carreta, e inclúe varias referencias aos acontecementos daquel poema. O personaxe principal, Ivain, baséase nunha figura histórica, Owain mab Urien.
Índice |
Argumento [editar]
Un día, na Corte do Rei Artur, Calogrenant narra un episodio acerca de como foi humillado por un cabaleiro que vive nun castelo cunha fonte con poderes máxicos. Yvain decide ir vingar o seu primo, matando o cabaleiro do castelo e despois casando coa viúva. Non obstante, en chegando á corte do rei, Gauvain convence a Yvain de que o matrimonio é mao para a reputación dun cabaleiro, motivo polo cal Yvain decide abandonar a súa esposa para vivir novas aventuras.
A pesar de que gaña reputación como cabaleiro, Yvain verase atormentado por perder o seu único e verdadeiro amor, o que vai levar a estar moi cerca da loucura. Perdido na fraga, ve un león combatendo contra unha serpe, e decide axudarlle ao león. Como agradecemento, este fica ao seu lado, e ambos vivirán unha serie de aventuras que terminarán por lle ensinar a Yvain o verdadeiro significado da honra, a amizade e o amor. Coa axuda dunha doncela da dona, recupera o amor da súa esposa e consegue o seu perdón.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- TROYES, Chrétien de. Ivain, o Cavaleiro do Leão. En Romances da Távola Redonda. Tradución de Rosemary C. Abílio. São Paulo: Martins Fontes, 1991.
- LACY, Norris J. Chrétien de Troyes. En The New Arthurian Encyclopedia, pp. 88–91. Nova York: Garland, 1991. ISBN 0-8240-4377-4.
Ligazóns externas [editar]
- O Sangue nos Romances Arturianos por Prof. Dr. José Rivair Macedo. En Brathair. (en portugués)
- Edición electrónica de Four Arthurian Romances por Chrétien de Troyes (inclue Ivain), de acceso libre no Proxecto Gutenberg