Órcadas

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Bandeira das Illas Órcadas
Bandeira das Illas Órcadas
Localización das Órcadas, ao norte da Escocia
Localización das Órcadas, ao norte da Escocia
Paisaxe interior das Órcadas
Paisaxe interior das Órcadas


As Illas Órcadas (en inglés e escocés Orkney) son un arquipélago habitado do Mar do Norte, moi próximo á costa setentrional de Escocia, a tan só 16 quilómetros, e que na actualidade constitúen unha área municipal de seu.

[editar] Xeografía e economía

O arquipélago ten por volta das 70 illas, das cales só 20 están habitadas. A poboación total das Órcadas é de 20.000 persoas. A maior das illas do arquipélago é A Órcada (en inglés The Mainland), onde ademais está Kirkwall, a capital administrativa (uns 7.000 habitantes), e a vila de Stromness (2.000 habitantes).. Dende o punto de vista xeolóxico as Órcadas son illas continentais separadas de Europa e das restantes Illas Británicas durante a subida xeral do nivel do mar que se produciu no Plioceno.

A economía do arquipélago baséase na industria de produción de , de carne, de queixo, de cervexa, de whisky. Ademais as súas augas son ricas en xacementos petrolíferos, e son numerosas as plataformas que acollen nas súas proximidades.

[editar] Historia

As illas conservan importantes xacementos neolíticos e da Idade do Ferro. Contra o ano 800, as illas Órcadas foron invadidas polos viquingos que someteron a poboación local de pictos. O arquipélago está ben próximo tanto de Noruega como de Escocia e representaba no seu tempo unha base de inverno ideal para as pillaxes viquingas nas Illas Británicas. Co que apañaban dos saqueos e mais tarde co establecemento dunha colonia de labregos e pastores de ovellas, as Órcadas progresaron. As ilhas eram, segundo os parâmetros desta cultura, ideais para a vida campestre pelo seu clima (relativamente) ameno, florestas e solos férteis.

Durante algúns anos as Órcadas conformaron un reino nórdico independente que lle declarou vasalaxe a Noruega durante o século X. A riqueza das illas manifestábase na construción da catedral de San Magno no século XI, inspirada na inglesa catedral de Durham.

En 1472, o arquipélago pasou de mans dinamarquesas a escocesas, como dote na voda da princesa Margarida de Dinamarca co rei Xaime II de Escocia. O rei Cristiano I, quen as entregou, era naquel momento soberano dun amplo territorio que se estendía por toda Escandinavia e que incluía a vella coroa norueguesa. Pero a cultura nórdica perviviu durante anos e o orcadés (norn) mantívose vivo cando menos ata o século XVIII. Na actualidade fálanse o escocés e o inglés.

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


| style="background:#004FFF; border:1px solid silver; width:87%" | Illas Órcadas

As illas do norte

AuskerryCalf of EdayDamsayEdayEgilsayEynhallowFarayGairsayHelliar HolmHolm of FarayHolm of HuipHolm of PapayHolm of ScocknessKili HolmLinga HolmMuckle Green HolmNorth RonaldsayPapa StronsayPapa WestrayRousayRusk HolmSandayShapinsayStronsaySweyn HolmWestrayWyre

As illas do sur

BurrayCalf of FlottaCavaCopinsayCorn HolmFaraFlottaGlims HolmGraemsayHoyHundaLamb HolmRysa LittleSouth RonaldsaySwithaSwona.

A Órcada

Ferramentas persoais