Amor cortés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amante medieval sendo izado nunha cesta (ilustración do Codex Manesse do século XIV.

Amor cortés foi un concepto europeo medieval de actitudes, mitos e en definitiva unha etiqueta para enaltecer o amor, e que xerou varios xéneros de literatura medieval, incluíndo a novela.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Xurdiu nas cortes ducais e principescas das rexións de cultura occitana, onde se denominaba fin’amor, a finais do século XI. En esencia, o amor cortés era unha experiencia contraditoria entre o desexo erótico e a realización espiritual, "un amor ao mesmo tempo ilícito e moralmente elevado, paixonal e auto-disciplinado, humillante e exaltante, humano e transcendente".[1]

A expresión "amor cortés" foi popularizada por Gaston Paris en 1883,[Cómpre referencia] e desde entón ten caído so unha ampla variedade de definicións e usos, sendo mesmo considerado como unha ficción romántica do século XIX. A súa interpretación, orixes e influencia continúan a ser asunto de discusión.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. NEWMAN, Francis X., ed. (1968). The Meaning of Courtly Love, VII. (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]