Sir Balin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sir Balin ou Sir Balin o Salvaxe, tamén coñecido como o Cabaleiro das dúas espadas, é un personaxe das lendas artúricas. Trátase dun cabaleiro virtuoso, mais que non chega a ser membro da Mesa Redonda do Rei Artur.

Oriúndo de Northumberland, é irmán de Sir Balan. A súa historia cóntase no ciclo Post-Vulgata (a Suite du Merlin), e n`A morte de Artur, de Sir Thomas Malory.

O seu alcuño provén do momento en que tomou unha segunda espada de cabaleiro, ao desenvaiñar unha espada que maxicamente resistía a todo aquel cabaleiro que non fose o suficientemente virtuoso. É famoso por ser o responsábel do Golpe doloroso, que provoca a invalidez do Rei Tolleito.