Materia de Roma
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Materia de Roma é un concepto que se refire a un conxunto de obras literarias medievais, pertencentes especialmente á literatura francesa, que emprega personaxes da Antigüidade Clásica extraídos da historia e da mitoloxía grecorromanas. O termo foi cuñado polo poeta francés Jean Bodel no século XII, quen clasificou os ciclos literarios da súa época en Materia de Roma, Materia de Bretaña e Materia de Francia.
Os romances mais importantes da Materia de Roma son:
- o Romance de Alexandre, sobre as conquistas de Alexandre o Grande
- o Romance de Troia
- o Romance de Tebas
- o Romance de Eneas, que reelabora material orixinario da Eneida.
Tipicamente os personaxes clásicos destes romances aparecen caracterizados como cavaleiros medievais, sucedendose episodios de batallas, torneos e escenas amorosas ao estilo do amor cortés medieval.