Lionel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bors escolle salvar unha doncela no canto do seu irmán Lionel

Lionel é o irmán menor de Bors, fillos de Bors de Gaunes, na historia do rei Arturo. Ademais, Lionel é primo de Lanzarote do Lago e de Héctor de Maris.

Cando seu pai pereceu nunha batalla contra o rei Claudas, a Dama do Lago rescatou os irmáns Bors e Lionel, levándoos para crialos no seu reino somerxido, xunto con Lanzarote. Como o resto da súa familia, Lionel convértese nun cabaleiro da Mesa Redonda en Camelot.

Cando comeza a guerra entre Artur e Lanzarote, Lionel toma partido polo seu primo e acompáñao no seu exilio en Francia, onde se converte en rei de Gaunes. Tras a batalla de Camlann, Lanzarote e os seus primos Bors e Lionel regresan a Inglaterra e combaten contra o que quedou do exército de Mordred. Nestes combates, Melehan (o fillo de Mordred) mata a Lionel.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]