Pellinore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Existen dous personaxes que levan o nome de Pellinore nas lendas da Materia de Bretaña.

O primeiro, Pellinore de Listenois, é un rei galés, pai de Perceval, Lamorak, Aglovale e Dornar. Nalgunhas versións, convértese en cabaleiro da Táboa Redonda despois dos seus fillos.

O segundo, Pellinore de Autice, é o cabaleiro que abate a Glatisant a Besta e tamén o pai de Sir Tor. No libro Le Morte d'Arthur, Pellinore derrota en combate singular ó Rei Artur e a moitos dos seus cabaleiros, como Griflet. Por consello de Merlín, Artur renuncia a vingarse. Noutras versións, Pelinor é tamén o nome dun cabaleiro que pelexa na xusta con Tristán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]