Agravain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sir Agravain ou Sir Agravaine é un cabaleiro da Táboa Redonda e un personaxe recorrente nas lendas da Materia de Bretaña. É o segundo fillo do Rei Lot e a raíña Morgause e á súa vez, sobriño do Rei Artur. Os seus irmáns son Gauvain, Gaheris, Gareth e Mordred.

Agravain adoita ser representado como un guerreiro competente pero que non acada a gloria dos seus irmáns Gauvain e Gareth. Ten reputación de malicioso. Na meirande parte das versións da lenda artúrica, Agravain aparece como o personaxe que descobre e saca á luz o romance adúltero entre a raíña Xenebra e Lancelot, desencadeando unha guerra entre Lancelot e o rei Arturo, que desembocaría na perdición do reino.

Na literatura medieval é nomeado nos seguintes libros: Perceval ou le Conte du Graal e Le Livre de Caradoc.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]