Sarras (Santo Graal)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sarras é o nome polo que se coñece á illa mística á cal é levado o Santo Graal segundo as lendas artúricas.

No ciclo de Lancelot-Graal, Sarras é visitada por Xosé de Arimatea e o seu séquito de camiño a Inglaterra. Na illa, o fillo de Xosé é investido bispo e Cristo amósalle os misterios do Graal. Cando os cabaleiros da Táboa Redonda, Galaaz, Perceval e Bors atopan o Graal en Corbenic, encárganse de levalo de regreso a Sarras a bordo do barco do rei Salomón. Galaaz e Perceval morren na illa e Bors regresa a Camelot para narrar a aventura.

Segundo o que se conta en Lancelot-Graal, Sarras estaría localizada preto de Exipto e é considerada a orixe do nome "sarraceno" para describir os musulmáns.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]