Bedivere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Como Sir Bedivere guinda a espada Excalibur á auga. Ilustración de Aubrey Beardsley, 1894.

Sir Bedivere, tamén coñecido como Sir Bedevere, Bedwyr en galés ou Bédoier en francés, é un cabaleiro da Táboa Redonda e un personaxe recorrente nas lendas da Materia de Bretaña.

Bedivere é o cabaleiro que devolve a espada Excalibur á Dona do Lago de Llyn Ogwen. Tamén é un dos personaxes máis antigamente asociados con Artur, como Sir Kay e Sir Gauvain, cumprindo coa función de mariscal do rei.

En Historia Regum Britanniae, de Godofredo de Monmouth, Sir Bedivere aparece como un dos cabaleiros máis leais ó rei Artur, e esta posición mantense ó longo das distintas lendas artúricas. Tamén é un dos poucos superviventes da Batalla de Camlann, na que Artur fica mortalmente ferido. Trala batalla, o rei moribundo solicita a Sir Bedivere que devolva a espada guindándoa ó lago. Despois da morte do seu rei, Bedivere faise ermitán para o resto dos seus días.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]