Safir (lenda artúrica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sir Safir é un cabaleiro da Táboa Redonda e o fillo máis novo do rei sarraceno Esclabor nas lendas artúricas. Ten dous irmáns, Segwarides e Palamedes, que tamén pertencen á orde de Cabaleiros da Táboa Redonda.

Personaxe[editar | editar a fonte]

É descrito como un cabaleiro valente e leal, e no seu tempo, un personaxe bastante popular. Apareceu en Tristán en prosa e en Le Morte D'Arthur. O seu nome está incluído na Mesa Redonda de Winchester.

Safir aparece en moitas obras da literatura artúrica, polo xeral xunto ó seu irmán Palamedes. Nunha ocasión, Safir disfrázase de Héctor de Maris e pelexa con Sir Helior le Preuse. Vénceo e gaña a dona de Sir Espinogres. Comprometéndose a defende-la honra da dama, Sir Palamedes aparece de súpeto e bloquea a espada de Safir, sen decatarse de que é o seu irmán. Despois de loitar arredor dunha hora, ámbolos dous están impresionados coa destreza e a habilidade do seu contrincante e deciden solicitar a identidade do outro. Safir está devastado ó ver que estaba loitando co seu propio irmán e pídelle perdón a Palamedes. Xuntos, devolven a dona a Sir Espinogres.

A pesar de que Safir é o irmán menor, Safir convértese ó cristianismo algún tempo antes de Palamedes. Cando o romance entre Lancelot e Xenebra sae á luz, Safir e Palamedes sitúanse a favor de Lancelot na subseguinte guerra civil entre Lancelot e o Rei Artur. Cando son expulsados ​​á terra de Lancelot, na Galia, Safir faise duque de Languedoc mentres que Palamedes se convérte en duque da Provenza.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]