Koala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coala
Koala climbing tree.jpg
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Infraclase: Marsupialia
Orde: Diprotodontia
Suborde: Vombatiformes
Familia: Phascolarctidae
Xénero: 'Phascolarctos'
Especie: ''P. cinereus''
Nome binomial
''Phascolarctos cinereus''
(Goldfuss, 1817)
Distribución (vermello – nativo, rosa – introducido)

Distribución (vermello – nativo, rosa – introducido)
Sinonimia
  • Lipurus cinereus Goldfuss, 1817
  • Marodactylus cinereus Goldfuss, 1820
  • Phascolarctos fuscus Desmarest, 1820
  • Phascolarctos flindersii Lesson, 1827
  • Phascolarctos koala J.E. Gray, 1827
  • Koala subiens Burnett, 1830

O coala, ou koala[1], (Phascolarctos cinereus) é un animal marsupial e herbívoro que vive nas árbores dalgunhas rexións de Australia, ademais constitúe o único representante da familia dos Phascolarctidae.

O coala habita en case toda a costa oriental de Australia, dende Adelaida (no sur da illa continente) ata o sur da Península do Cabo de York (no extremo norte); no interior pode ser atopado en zonas onde a pluviosidade é a suficiente para a vida dos bosques que conforman o seu hábitat. (Téñase en conta que os coalas se alimentan das follas dalgunhas especies de eucalitpo, e segundo nos desprazamos dende a costa leste cara ao interior, o clima faise máis seco ata que nos atopamos co deserto. Do mesmo xeito, as rexións situadas ao norte de Australia son de tipo tropicais).

Os coalas foron extinguidos en grande medida na Australia do Sur durante comezos do s.XX ata que se comezou coa repoboación con exemplares procedentes do estado de Victoria. O coala non habita no oeste do país, nin tampouco na illa de Tasmania.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra "coala", procede da palabra gula, da lingua Dharuk falada por algúns pobos nativos de Australia. Esta palabra está relacionada con outras empregadas por falantes dalgunhas outras linguas dos nativos australianos: 1.Os nativos Ngunnawal, que viven na rexión de Canberra tamén empregan a palabra gula. 2. Nos Blue Mountains de Nova Gales do Sur, os nativos designaban os coalas co termo cullawines. 3. Na rexión de Murray, os nativos chamaban aos coalas karbors. 4. Outras palabras para designar aos coalas empregadas polos nativos australianos son: bangaroos, koolewongs, narnagoons, e colos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Forma menos recomendable segundo o DRAG