Australia Occidental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Australia occidental
Western Australia

Flag of Western Australia.svg

Escudo de Australia Occidental

Bandeira do estado

Escudo de armas

WA in Australia map.png

Capital

Perth

Gobernador

Ken Michael (Actual Gobernador)

Presidente

Alan Carpenter (ALP)

Área
Terra
Auga
Total


2.529.875 km² (1º)
115.740 km² (4,37%) km²
2.645.615 km² (1º) km²

Poboación
(xuño 2007)
Densidade

2.105.800 (4º)

0,83 hab/km² (7th)

Zona horaria

UTC+8 (agás durante daylight saving timeUTC+9)

Punto máis alto

Mount Meharry (1.249 m)

Código ISO 3166-2:

AU-WA

Australia Occidental[1] (Western Australia, en inglés) é o maior dos estados de Australia, chegando a cubrir o terzo occidental do país-continente. Limita con Australia Meridional e o Territorio do Norte. Ten unha extensión total de 2.525.500 km².

Na súa cidade capital, Perth, situada a beiras do río Swan, viven 1,5 millóns de persoas, é dicir as dúas terceiras partes dos habitantes do estado. Gran parte do estado é árido, alberga dous desertos: Gibson e Vitoria, pero tamén se destaca pola gran cantidade de parques nacionais.

Entre as principais atraccións do estado están:

Australia Occidental é un estado mineiro, que achega o 25% do ingreso nacional. Extráese ouro, carbón, mineral de ferro e diamantes, entre outros.

Tamén existen áreas vitivinícolas, en Perth e Swan Valley, que prosperan grazas ao excelente clima e chan para este cultivo.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A capital do estado é a cidade de Perth na parte meridional da costa oeste. Outras cidades importantes son Bunbury, Kalgoorlie, Albany, Geraldton, Port Hedland e Broome, aínda que todas elas bastante menores que Perth. O territorio próximo á costa é relativamente tépedo e forestal, aínda que gran parte do estado é cálido e árido, moi pouco habitado.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros europeos en chegar ás costas de Australia Occidental foron os holandeses, quen, en busca dunha ruta ás indias das especias, viaxaron por baixo dos 40º de lonxitude sur, atopando as costas australianas, onde moitos deles encallaron os seus barcos a partir do século XVII. Moitos destes náufragos convertéronse logo en habitantes fixos destas terras.

Logo, nos primeiros anos do século XIX, tanto franceses como ingleses percorreron a zona, estableciéndo algúns pequenos asentamentos.

O establecemento na zona era fundamental para Inglaterra a fin de disputarlle os novos territorios a Francia. Foi así que en 1829 o capitán James Stirling á fronte dun pequeno continxente de cidadáns libres, estableceuse a uns 16 km da boca do río Swan (en inglés cisne, bautizado así pola gran cantidade de cisnes negros que hai na zona), ao bordo do monte Eliza. Durante os primeiros anos o choque cos aborígenes do lugar foi constante.

Esta colonia, Perth, foi a primeira iniciada por cidadáns libres, ata que en 1849 comezaron a chegar os primeiros prisioneiros británicos desde outros lugares do continente, que se encargarían da construción, entre outras cousas, dos edificios públicos. Moitos deses edificios aínda están en funcionamento.

En 1890 descubriuse ouro en Coolgardie, a uns 500 km de Perth, o que provocou unha inmensa migración de xente en busca destas riquezas, facendo crecer notablemente a poboación estable. Posteriormente cando a guerra arrasaba Europa, houbo unha nova onda inmigratoria.

Cidades de Australia Occidental, vilas, poboados e rede de estradas

Goberno e política[editar | editar a fonte]

Australia Occidental obtivo a autonomía en 1889 cunha Cámara do Parlamento bicameral, con sede en Perth e composta por unha Asemblea Lexislativa (cámara baixa) e un Consello Lexislativo (cámara alta). O sufraxio é universal e obrigatorio para todos os cidadáns australianos maiores de 18 anos de idade residentes en Australia Occidental.

Coa federación das colonias australianas en 1901, Australia Occidental pasou a ser un estado da federación. Isto supuxo a cesión de certos poderes ao goberno da Mancomunidade, de acordo coa Constitución. A pesar de que todos os poderes que non sexan expresamente cedidos á Mancomunidade permanecen no estado, co tempo a Mancomunidade foi estendendo os seus poderes grazas ao control que exerce sobre os impostos e o financiamento.

O poder executivo é exercido polo Primeiro Ministro do estado e os seus ministros. Desde 2006, o Primeiro Ministro é Alan Carpenter, do Partido Laborista.

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Criterios para o uso da lingua. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña. p. 120. ISBN 84-9749-199-8. http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf.