Nippon Animation

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nippon Animation (日本アニメーション) é un estudio de animación xaponesa especializado na adaptación de guións e novelas occidentais ó anime. Un feito que se debe a que produciu para a Fuji TV un programa chamado World Masterpiece Theater que emitía cada ano algunha destas historias e do que naceron a maior parte de animes que máis tarde se exportarían ó resto do mundo.

Posúe sedes en Ginza e máis en Tama (amba-las dúas localizacións están situadas en Toquio) e o seu logotipo está composto polas siluetas de Ana Shirley, protagonista de Ana das tellas verdes e a de Rascal, o mapache, pertencente ó anime do mesmo nome.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]