Espectro audible

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O espectro audible confórmano as audiofrecuencias, é dicir, toda a gama de frecuencias que pueden ser percibidas polo oído humano.

Un oído san e xoven é sensible ás frecuencias comprendidas entre os 20 Hz e os 20 kHz. Porén, esta marxe varía segundo cada persoa e altérase coa idade (chamamos presbiacusia á perda de audición coa idade). Este rango equivale moi aproximadamente a dez octavas completas (210=1024).

Fóra do espectro audible:

  • Por riba estarían os ultrasóns (ondas acústicas de frecuencias superiores aos 20 kHz).
  • Por debaixo, os infrasóns (ondas acústicas inferiores aos 20 Hz).

O espectro audible podemos subdividilo en función dos tons:

  • Tons graves (frecuencias baixas, correspondentes ás 4 primeiras octavas, isto é, dende os 16 Hz aos 256 Hz).
  • Tons medios (frecuencias medias, correspondentes ás octavas quinta, sexta e sétima, isto é, de 256 Hz a 2 kHz).
  • Tons agudos (frecuencias altas, correspondentes ás tres últimas octavas, isto é, de 2 kHz ata pouco máis de 16 kHz).