Pálpebra
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa zooloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
A pálpebra é unha dobra músculo-mucosa da pel que cobre a parte dianteira do ollo. Nos humanos está composta pola membrana conxuntiva palpebral, en contacto co globo ocular; o tarso, unha capa de espesor notábel, pero flexíbel, que contribúe a darlle forma e ao seu sostemento (é unha especie de esqueleto do ollo); o músculo orbicular das pálpebras, que lle dá mobilidade, e a pel exterior. Os músculos situados na parte superior dos ollos retraen as pálpebras "abrindo" os ollos. Este proceso tanto pode ser voluntario como involuntario.
As pálpebras do ser humano posúen unha fileira de cellas que serven para protexer o ollo do po e de outros contaminantes do medio externo.
A función das pálpebras é a protección do ollo e a súa humectación a base de estender as secrecións lacrimais e outras secrecións, xa que a córnea ha de estar húmida de forma continuada. No momento de durmir evita que os ollos se sequen.
No reino animal existen diversos tipos de pálpebras.
Véxase tamén [editar]