Victoria, Australia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVictoria, Australia
Victoria (en-au) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Lema«Peace and Prosperity» Editar o valor em Wikidata
Símbolo oficialEpacris impressa (floral emblem (en) Traducir)
Koolasuchus (fossil emblem (en) Traducir)
Gymnobelideus leadbeateri (pt) Traducir (national animal (en) Traducir)
Lichenostomus melanops cassidix (pt) Traducir (national bird (en) Traducir)
Phyllopteryx taeniolatus (official marine animal (en) Traducir)
Ouro (official mineral (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aVitoria do Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 36°51′15″S 144°16′52″L / -36.8542, 144.2811Coordenadas: 36°51′15″S 144°16′52″L / -36.8542, 144.2811
EstadoAustralia Editar o valor em Wikidata
CapitalMelbourne Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Alpine Shire (en) Traducir (1994–)
Bass Coast Shire (en) Traducir
Borough of Eaglehawk (en) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 79+
Poboación
Poboación6.766.559 (2023) Editar o valor em Wikidata (29,75 hab./km²)
Lingua oficialinglês australiano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie227.444 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar de Tasmania, Océano Antártico e Estreito de Bass Editar o valor em Wikidata
Altitude236 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Bogong (pt) Traducir (1.986 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoMorwell Opencut (en) Traducir (−52 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xullo de 1851 Editar o valor em Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional
democracia representativa Editar o valor em Wikidata
• Monarca da Austrália (pt) Traducir Editar o valor em WikidataCarlos III do Reino Unido (2022–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivooffice of the Premier of Victoria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Premier of Victoria (en) Traducir Editar o valor em WikidataJacinta Allan (pt) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParliament of Victoria (en) Traducir , (Escano: 128) Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupreme Court of Victoria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico03 e 02 Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2AU-VIC Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webvic.gov.au Editar o valor em Wikidata

Victoria[1][2] ou Vitoria[3] é o estado máis pequeno de Australia, sen contar con Tasmania. Atópase no sueste do continente. A súa poboación estímase en 5 millóns, coa maior densidade do país. A súa capital é Melbourne no fondo da baía de Port Phillip. Ocupa a franxa costeira adxacente ao estreito de Bass, fronte á illa de Tasmania.

Historia[editar | editar a fonte]

Despois de que se fundase a colonia de Nova Gales do Sur en 1788, o continente australiano foi dividido en dúas partes, a oriental pasou a chamarse Nova Gales do Sur e a occidental Nova Holanda. Baixo a administración colonial de Sydney, creouse o primeiro asentamento en Vitoria, Portland. Melbourne fundouse en 1835.

En 1851 descubriuse ouro en Ballarat. Co paso do tempo fóronse realizando máis descubrimentos ao longo de toda Vitoria. As minas eran tan importantes, que a poboación e a economía creceron desmesuradamente. Ese mesmo ano concedeuse a independencia de Nova Gales do Sur. En 1901 Vitoria deixou de ser colonia e converteuse en Estado de Australia. Melbourne foi a capital mentres se construía Canberra.

Goberno[editar | editar a fonte]

A forma política está recollida na Constitución de 1855, aínda que foi emendada en varias ocasións. Desde a unión a Australia, as relacións entre Vitoria e os demais estados están reguladas pola Constitución de Australia.

O sistema usado é o de Westminster. un goberno parlamentario baseado no modelo do Reino Unido. O poder lexislativo radica no Parlamento de Vitoria, que está composto pola coroa (representada polo gobernador) e por dous cámaras.

Economía[editar | editar a fonte]

A economía de Vitoria baséase nas minas de ouro e carbón así como nas extraccións de petróleo. Fóra de Melbourne, onde predominan as manofacturas, o resto do territorio está dedicado á agricultura e a gandería, especialmente a ovina.

Xeoloxía e xeografía[editar | editar a fonte]

A fronteira norte de Vitoria é a ribeira meridional do río Murray. Ao oeste atópase Australia Meridional. Hai moitas diferenzas topográficas, xeolóxicas e climáticas, desde o tépedo e húmeno clima de Gippsland ata os Alpes de Vitoria onde os picos de ata 2 mil metros de altitude están cubertos por unha capa de neve. Ao noroeste atópanse planicies semidesérticas.

Hai varios sistemas fluviais en Vitoria debido ás importantes precipitacións. O máis importante é o río Murray, aínda que tamén son destacables os ríos Ovens, King, Campaspe, Loddon, Wimmera, Elgin, Barwon, Thompson, Snowy, Latrobe, Yarra, Maribyrnong, Mitta e Kiewa.

Melbourne reúne a case o 70% da poboación total dominando á súa vez a economía, os medios de comunicación e a cultura.

Cambio climático[editar | editar a fonte]

Echuca: Temperatura diaria media do aire en casa meteo, de 1881 a 1992; en NASA

É remarcable, que a Estación Meteorolóxica local posúe datos de termometría do aire, a 15 dm do chan, desde 1881 a 1992, sen acceso á "mancha de calor" urbana, clásica doutras Estacións invadidas pola illa de calor da urbanización.

Turismo[editar | editar a fonte]

Os destinos turísticos máis importantes son:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 115. ISBN 84-8158-266-2. 
  2. Enciclopedia Galega Universal
  3. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 120. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014.