Mioceno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


O mioceno, é unha división da escala temporal geolóxica, a cuarta época xeolóxica da era cenozoica e a primeira época do período neóxeno.

Sedimentos do mioceno en Nebraska (EE.UU.).

Comezou hai 23,03 millóns de anos e terminou hai 5,332 millóns de años.[1] [2] Neste período continuou a elevación de cordilleiras como os Pireneos, os Alpes e o Himalaia. A erosión favorecida por estas oroxéneses orixinou sedimentos e depósitos de petróleo en zonas que eran concas mariñas de pouca profundidade. A temperatura era máis baixa que a actual, e se orixinaron as masas de xeo na Antártida.

As plantas e os animais do mioceno eran bastante modernos. O nome de mioceno procede das palabras gregas μείων meiōn, "menos", e καινός kainós, "novo", é dicir, "menos novo", aludindo a que presenta un 18 % menos de invertebrados mariños modernos que o plioceno. Os mamíferos e as aves estaban ben establecidos. Proliferaron as especies de mamíferos, entre eles os rinocerontes, o gato, o camelo e o cabalo coas súa formas máis primitivas; entre estes están incluídos os grandes simios, que ademais de África, vivían en Asia e no sur de Europa. Nos mares, proliferaron baleas e focas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véase también[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mioceno

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]