Queensland
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
|
Quentin Bryce (Actual Gobernador) |
|||||
|
Área |
|
||||
|
4,182,100 (3rd) |
|||||
|
UTC +10 |
|||||
|
Punto máis alto |
Mt. Bartle Frere (1,622 m) |
||||
|
ISO 3166-2 código: |
AU-QLD |
||||
Queensland é un dos estados que forman Australia. Atópase na parte nordés do país, e a capital é Brisbane. É o único estado australiano cun sistema lexislativo unicameral, chamado Parlamento de Queensland.
Índice |
[editar] Xeografía
- Fronteiras
- Norte: A parte máis setentrional do estado é a Península de Cabo York, que apunta cara á illa de Nova Guinea. A parte occidental desta península atópase bañada polas augas do Golfo de Carpentaria, mentres que a oriental atópase na costa do Mar do Coral, un brazo do Océano Pacífico.
- Leste: o Océano Pacífico
- Oeste: ao oeste atópase o Territorio do Norte, e ao suroeste o estado de Australia Meridional.
- Sur: Ao sur atópase Nova Gales do Sur.
- A capital do estado Brisbane, atópase na costa, a 100 quilómetros da fronteira con Nova Gales do Sur.
- A maior área metropolitana do mundo, Mount Isa atópase en Queensland, con 40 mil km².
- A cidade de Townsville, que queda no nordés do estado a uns 1.400 quilómetros de Brisbane, ten importantes recursos naturais e é a cidade tropical máis grande en Australia.
[editar] Demografía
Poboación
Está menos centralizada que no resto do país. En 2001 a capital presentaba o 45,5% da poboación total. En conxunto, a poboación urbana concentra o 63,8% do total. En 2007, a poboación de Queensland ascendía a 4.182.100 de habitantes, tendo Brisbane 1.993.872.
Relixión
Cristiáns: 77% (anglicanos: 24,6%, católicos: 26,2%, luteranos: 2,2%, Igrexa Unida: 10,8%, outros: 13,4%), non cristiáns: 0,9% (budismo: 0,2%, hinduísmo: 0,1%, Outras: 0,6%), agnósticos: 14,9%, sen especificar: 6.9%
[editar] Economía
En 2001, o PIB de Queensland obtivo A 115,53$ billóns, o que equivale por cápita á$31.000. A terceira renda per cápita máis baixa de Australia, por diante de Tasmania e Australia Meridional
En 2003 Brisbane era a capital australiana máis barata. En Queensland, a economía baséase nas Industrias primarias, especialmente plátanos, cacahuetes, algodón e la. Tamén hai industrias mineiras de bauxita e carbón. As industrias do sector secundario baséanse no tratamento dos minerais.
[editar] Goberno
Isabel II é a xefa de Estado, está representada polo Gobernador, elixido democraticamente polos habitantes do estado. O gobernador actual pertence ao Partido Laborista Australiano. En 2001 aprobouse a nova Constitución, recompilando as diversas lexislacións que compuñan a organización do estado.
[editar] Historia
- 120,000 AC rexístranse os primeiros asentamentos de Homo Sapiens
- 40,000 AC chegan os primeiros aborixes australianos desde a veciña Indonesia
- 1824 Créase a prisión de Moreton Bay
- 1825 A prisión trasládase ao emprazamento da actual Brisbane
- 1839 Fin da chegada de presos desde o Reino Unido
- 1842 Permítese o libre asentamento
- 1859 Créase a colonia de Queensland
- 1864 annus horribilis para Queensland:
- En marzo, o río Brisbane desbórdase e alaga o centro da cidade.
- En abril, arde a zona oeste da zona comercial de Brisbane
- En decembro, outro lume arrasa a zona leste da zona comercial
- 1865 Inaugúrase a primeira liña férrea a vapor
- 1867
- Créase a primeira constitución
- Descóbrese ouro
- 1883 Anexión de Papúa
- 1891 Créase o Partido Laborista Australiano
- 1901 Independencia de Australia
- 1904 Primeiras eleccións con sufraxio feminino
- 1909 Créase a Universidade de Queensland
- 1920 Créase a compañía aérea Qantas para o servizo de pasaxeiros co "outback" (deserto interior)
- 1922 Abólese a cámara alta de Parlamento
- 1928
- Primeiro voo do Doutor aéreo (flying doctor)
- Charles Kingsford Smith aterra en Brisbane tras realizar o primeiro voo a través do pacífico.
- 1982 Xogos da Commonwealth en Brisbane
- 1988 Expo 88


