Urina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ouriños")

Nos mamíferos, a urina ou ouriños é un fluido excretorio, resultante da filtración do sangue nos riles. Nas aves e nos réptiles é unha excreción sólida ou semi-sólida. Fórmase na filtración, a cal é feita nas nefronas. As nefronas conteñen un tubo, chamado túbulo, que está rodeado de vasos sanguíneos, que absorben os nutrientes que o organismo precisa, para despois ir para os uréteres e de aí para a vexiga onde é almacenado e pasado para a uretra para finalmente ser expelida.

A urina humana, asi como a urina doutros animais, está composta principalmente de auga (96%, de media), mais contén tamén urea, ácido úrico, sal e outras substancias, sendo expelida durante o acto de urinar. O volume, a acidez e a concentración de sales na urina son regulados por hormonas, entre as cales figuran a hormona antidiurética e a aldosterona. Estas hormonas actúan nos riles para garantir que a auga, os sales e o equilibrio ácido-base (acidez ou alcalinidade do sangue e do fluído intersticial) do organismo se manteñan dentro de estreitos límites. A presenza na urina de azucre, albumina, pigmentos biliares ou cantidades anormais dalgunhas substancias, incluindo as constituintes habituais, é indicador de doenzas. A urina é normalmente estéril cando é expelida e ten só un vago cheiro. O cheiro desagradábel da urina deteriorada débese á acción de bacterias que provocan a liberación de amoníaco.

Un adulto saudábel de dieta común pode producir entre 1000 e 2000 ml de urina por día.[1] O volume mínimo de urina necesario para retirar do organismo todos os produtos residuais é de cerca de 0,5 L nun home de 70 kg; todo o volume producido por riba deste consiste nun exceso de auga. Unha grande inxestión de líquidos aumenta a cantidade de urina producida; unha grande perda de líquido a través da transpiración, vómitos ou diarrea conduce á diminuición de volume. O volume de urina eliminado durante o día é o dobre do producido pola noite, nos humanos saudábeis. En desordes patolóxicas esta constante pode ser alterada pasando o indivíduo a eliminar igual volume en dous períodos ou máis durante a noite (nicturia)[1]

Alteracións da urina[editar | editar a fonte]

A urina pode ser producida en cantidades anormais ou ter un aspecto ou composición anormais.

Volume anormal[editar | editar a fonte]

Unha produción diaria de urina superior a 2,5 L é anormal, a menos que o individuo beba líquidos en exceso ou sofra dalgunha doenza (ex:poliuria).

Pode tamén haber unha produción anormalmente reducida de urina - menos de 0,4 L - en casos de deshidratación grave ou de insuficiencia renal aguda. Esta situación pode tamén ocorrer cando os riles non reciben o seu abastecemento normal de sangue en virtude de situacións como insuficiencia cardíaca, choque ou doenzas como leptospirose.

A falta de produción de urina polos riles, a anuria, pode deberse a lesións graves nos riles. O impedimento ao paso da urina contida na vexiga débese, mais frecuentemente, a unha obstrución na parte inferior do tracto urinario como resultado dun tumor na próstata, de cálculos encravados na uretra ou da hipertrofía da próstata, e nese caso trátase dunha situación de retención urinaria na cal a produción de urina é efectivamente normal, e non dunha anuria.

Aspecto anormal[editar | editar a fonte]

A urina turbia pode deberse a unha infección do tracto urinario e nese caso ten un cheiro fétido. Os cálculos do tracto urinario poden tamén orixinar unha urina turbia, mas non necesariamente infectada. A urina turbia é resultado da presenza de determinados sales, como fosfatos. En casos raros, pode aparecer linfa mesturada coa urina, o que lle confere un aspecto leitoso.

Cando é lixeira, a hematuria (presenza de sangue na urina) dá á urina un aspecto escurecido. Cando a quantidade de sangue na urina aumenta, esta tórnase avermellada e pode conter coágulos. Con todo, a urina avermellada non é só provocada pola presenza de sangue. Alguns corantes alimentares poden ser expelidos pola urina e existe unha grande variedade de fármacos que poden alterar a cor (por exemplo, a rifampicina e a dipirona pode tornala alaranxada). Tamén as persoas que comen beterraba poden ficar coa urina avermellada. Nalguns doentes con porfiria, a urina tórnase avermellada cando se deixa en repouso; en persoas com ictericia, a urina é castaña ou alaranxada. A urina con escuma, principalmente se esta persiste despois de ter sido axitada, pode conter exceso de proteínas.

Composición anormal[editar | editar a fonte]

Na diabetes mellitus, o exceso de glicosa no sangue pasa para a urina, causando glicosuria. Na glomerulonefrite e na síndrome nefrótica, pode rexistarse un exceso de proteína na urina (situación designada por proteinuria). No caso de insuficiencia renal, a cantidade total de produtos residuais na urina (como urea) é reducida. Outras alteracións renais, como a síndrome de Fanconi e a acidose tubular renal, poden tornar a urina demasiado ácida ou excesivamente alcalina ou facer con que conteña aminoácidos, fosfatos, sal ou agua en exceso.

Análise de urina[editar | editar a fonte]

A comunmente coñecida análise da urina consiste nun conxunto de exames feitos na urina dun individuo que incluen a avaliación das características físicas da urina (cor, concentración, turbación), a observación ao microscopio e determinacións químicas. Esta pode verificar se a función renal se encontra normal ou detectar alteracións no aparello urinario ou noutros sistemas.

O exame ao microscopio pode revelar hematuria, o que indica alteracións nos glomérulos (unidades de filtración dos riles) ou unha doenza dos andares superiores ou inferiores do aparello urinario. Este pode ainda revelar rollóns de proteínas e células renais, chamados cilindros, en calquera dos varios tipos de doenzas renais; pus ou bacterias cando hai unha infección do tracto urinario; cristais, que indican a posibilidade dun erro conxénito do metabolismo ou susceptibilidade á formación de cálculos do tracto urinario, e ovos de esquistossoma na doenza parasitaria chamada billarzíase, ou esquistossomiase.

Se unha simple gota de urina acabada de coller for espallada en camada fina sobre a superficie dunha xelatina nutriente e incubada na estufa, calquera bacteria se multiplicará e formará colonias. A aparencia desas colonias ao exame microscópico irá permitir ao microbiólogo a identificación do organismo causador da infección no tracto urinario.

Existe unha grande variedade de tiras de test para se mediren dunha forma rápida e simple determinadas substancias, como a glicosa na urina (un nivel alto indica que o doente sofre de diabetes mellitus). Procúranse ainda outras substancias, tales como sangue, proteínas, bilirrubina, etc. Deben ainda determinarse a acidez e a concentracion urinarias. Estes exames baséanse nunha simple mudanza de cor na tira de papel (con reaxentes), que cando se mergulla na urina sofre reaccións que lle van alterar a cor.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 MILLER, Otto. GONÇALVES. R. Reis. Laboratório para o Clínico. 8. ed. São Paulo: Atheneu, 1999. ISBN 85-7379-038-5