Heute Abend wollen wir tanzen geh'n

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«Heute Abend wollen wir tanzen geh'n»
Sinxelo de Alice e Ellen Kessler
Lanzamento 1959
Formato Disco de vinilo 7", EP
Gravada 1959
Xénero musical
Lingua(s) Alemán
Duración
Discográfica Polydor Records
Produtor(es)
Escritor(es) Helmut Zander (música)
Astrid Voltmann (letra)
Miscelanea {{{miscelanea}}}

«Heute Abend wollen wir tanzen geh'n» (en galego: «Esta noite queremos ir bailar») é unha canción composta por Helmut Zander e interpretada en alemán por Alice e Ellen Kessler.[1] Lanzouse como sinxelo en 1959 mediante Polydor Records.[2] Foi elixida para representar a Alemaña no Festival de Eurovisión de 1959 tras ser seleccionada internamente pola emisora alemá ARD.[3][4]

Festival de Eurovisión 1959[editar | editar a fonte]

Heute Abend wollen wir tanzen geh'n
Canción do Festival de Eurovisión 1959
País
Artista(s)
Lingua(s)
Compositor(es)
Helmut Zander (música)
Astrid Voltmann (letra)
Director
Franck Pourcel
Resultados
Posto na Final
8.º
Puntos na Final
5
Cronoloxía
◄ «Für zwei Groschen Musik» (1958)   
«Bonne nuit, ma chérie...» (1960) ►
Alice e Ellen Kessler, intérpretes da canción, en 1965.

Selección[editar | editar a fonte]

«Heute Abend wollen wir tanzen geh'n» foi seleccionada para representar a Alemaña no Festival de Eurovisión 1959 pola emisora alemá ARD.[3][4]

No festival[editar | editar a fonte]

A canción participou no festival celebrado no Palacio de Festivais e Congresos de Cannes o 11 de marzo de 1959, sendo interpretada polas cantantes alemás Alice e Ellen Kessler.[4] A orquestra foi dirixida por Franck Pourcel.[5]

Foi interpretada en sexto lugar, seguindo aos Países Baixos con Teddy Scholten interpretando «Een beetje» e precedendo a Suecia con Brita Borg interpretando «Augustin». Ao final das votacións, a canción recibiu 5 puntos, obtendo o oitavo posto de 11.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Heute Abend Wollen Wir Tanzen Geh'n". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2019. Consultado o 19 de agosto de 2019. 
  2. "Alice Og Ellen Kessler* – Kess Og Sexy". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2019. Consultado o 19 de agosto de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "Germany 1959" [Alemaña 1959]. ESC-History (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 19 de agosto de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 UER (ed.). "Alice and Ellen Kessler - Germany — Cannes 1959" [Alice e Ellen Kessler - Alemaña — Cannes 1959]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 19 de agosto de 2019. 
  5. "Franck Pourcel". And the conductor is... (en inglés). Search, by year, 1959, Franck Pourcel. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 19 de agosto de 2019. 
  6. UER (ed.). "Final of Cannes 1959" [Final de Cannes 1959]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2019. Consultado o 19 de agosto de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
«Für zwei Groschen Musik»
Margot Hielscher

Alemaña no Festival de Eurovisión

1959
Sucesor:
«Bonne nuit, ma chérie...»
Wyn Hoop