Kunsthistorisches Museum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo de Historia da Arte de Viena
IMG 0089 - Wien - Kunsthistorisches Museum.JPG

Kunsthistorisches Museum na Praza de María Teresa

País Austria Austria
Cidade Viena
Director Dr. Sabine Haag
Inauguración 1891
Sitio web http://www.khm.at
Prunkstiege no Museo.
IMG 0091 - Wien - Kunsthistorisches Museum.JPG

O Kunsthistorisches Museum (Museo de Historia da Arte) de Viena (Austria) é un dos primeiros museos de belas artes e artes decorativas do mundo. O termo Kunsthistorisches Museum aplícase tanto á institución como ao seu edificio principal.

Inaugurouse en 1891 ao mesmo tempo que o Naturhistorisches Museum polo emperador Francisco Xosé I de Austria-Hungría. Os dous museos teñen exteriores idénticos e están un fronte ao outro a ámbolos dous lados da Praza de María Teresa. Ambos edificios foron erixidos entre 1872 e 1891 de acordo aos planos deseñados por Gottfried Semper e Karl Freiherr von Hasenauer.

Os dous museos da Ringstraße encargounos o emperador para encontrar un aloxamento adecuado para a magna colección de arte dos Habsburgo. A fachada do edificio é de pedra arenita. Ten planta rectangular, e acaba nunha cúpula de 60 metros de alto. Está coroado por unha estatua colosal de Palas Atenea. O interior do edificio está luxosamente decorado con mármore, decoracións de estuco, pan de ouro, e pinturas.

Colección[editar | editar a fonte]

Curiosidades[editar | editar a fonte]

O Saleiro de Benvenuto Cellini, propiedade do Kunsthistorisches Museum, fora roubada o 11 de maio de 2003 e recuperada o 21 de xaneiro de 2006, nunha caixa enterrada nun monte próximo á cidade de Zwettl, na mesma Austria. Fora o roubo de arte máis importante da historia de Austria.[1]

O Museo Kunsthistorisches aparece animado en detalle na misión final do xogo de computadora Mafia: The City of Lost Heaven, desenvolvido por Illusion Softworks.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kunsthistorisches Museum

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Monreal, L., Grandes Museos, vol. 2, Editorial Planeta, 1975. ISBN 84-320-0460-X (colección completa)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]