Middelburg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMiddelburg
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 51°29′59″N 3°36′49″L / 51.4997, 3.6136Coordenadas: 51°29′59″N 3°36′49″L / 51.4997, 3.6136
EstadoReino dos Países Baixos
PaísPaíses Baixos
ProvinciasZelandia
ConcelloMiddelburg Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación49.956 (2023) Editar o valor em Wikidata (941,68 hab./km²)
Xeografía
Superficie53,05 km² Editar o valor em Wikidata
Auga8,48 % Editar o valor em Wikidata
Altitude3 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1217 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
4 de novembro de 1572Asedio de Middelburg Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoHarald Bergmann (2012–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal4330–4338 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0118 Editar o valor em Wikidata
Código BAG1007 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Folkestone (pt) Traducir
Simeria (pt) Traducir
Teiuș (pt) Traducir
Głogów (pt) Traducir
Vilvoorde (pt) Traducir
Nagasaki (1979–2017) Editar o valor em Wikidata

Sitio webmiddelburg.nl Editar o valor em Wikidata

Middelburg é unha cidade dos Países Baixos, capital da provincia de Zelandia. Cunha poboación de 47.496 habitantes, está situada ao leste da antiga illa de Walcheren (actualmente península), localizada ao suroeste do país. O termo municipal inclúe ademais os núcleos de Arnemuiden, Kleverskerke, Nieuw- en Sint Joosland e Sint Laurens. En total ten unha poboación de 47.496 habitantes (2008), repartidos nunha superficie de 53,05 km² (dos cales 4,5 corresponden a auga).

Historia[editar | editar a fonte]

A Oostkerk ou Igrexa Oriental.

A cidade de Middelburg foi fundada cara a finais do século VIII ou comezos do IX. Na súa primeira mención aparece como un dos tres puntos defensivos levantados na illa de Walcheren[1] para protexerse dos ataques dos viquingos. No ano 844 construíuse unha abadía, que foi utilizada até a guerra dos Oitenta Anos. Hoxe en día, a abadía serve á vez de museo e de sede do goberno provincial.

Durante a Idade Media a cidade foi un importante centro comercial, enviando bens provenientes de Flandres a Inglaterra e viceversa. Middelburg recibiu o título de cidade en 1217.

Entre 1572 e 1573, durante a guerra de Flandres que o país sostivo contra España, foi escenario do asedio de Middelburg, no que as forzas rebeldes holandesas cercaron e conquistaron a cidade, defendida polos terzos españois comandados por Cristóbal de Mondragón.

Canle do centro de Middelburg
Antiga Casa do Concello

Durante o Século de Ouro Neerlandés, Middelburg foi unha notable base da Compañía Holandesa das Indias Orientais. Certas casas do centro son a mesma clase de fastuosas mansións de ricos comerciantes que se atopan en cidades como Ámsterdam. A través das canles hai tamén moitos almacéns que foron construídos durante o século XVII.

A pesar de que parte das infraestruturas defensivas foron derrocadas por permitir a construción dunha canle que cruza Walcheren dende Flesinga até Veere, a cidade aínda conserva as fosas así como unha das portas de entrada, a de Koepoort.

Durante a segunda guerra mundial, boa parte do antigo centro da cidade foi destruído, primeiro por mor dun bombardeo da Luftwaffe o 17 de maio de 1940 co obxectivo de forzar a rendición do exército neerlandés en Zelandia, e despois por bombardeos aliados durante 1944. Trala guerra, tentouse reconstruír a cidade de forma igual ao orixinal. Porén, os arquivos municipais perdéronse de tódolos xeitos.

Educación[editar | editar a fonte]

En 1575, cando Guillerme de Orange estaba a piques de fundar a primeira universidade dos Países Baixos, considerou a cidade de Middelburg para situala, mais finalmente optou por Leiden. Middelburg, e con ela o conxunto de Zelandia, mantívose sen unha universidade até hai pouco. Dende 2004, a Roosevelt Academy, unha escola afiliada á Universidade de Utrecht, está en funcionamento en Middelburg.

Transporte[editar | editar a fonte]

Middelburg posúe unha estación de ferrocarrís con conexións interurbanas a Flesinga, Goes, Roosendaal, Rotterdam, A Haia, Leiden, Ámsterdan e co Aeroporto Internacional de Schiphol, entre outros.

Núcleos de poboación[editar | editar a fonte]

  • Arnemuiden
  • Kleverskerke
  • Middelburg
  • Nieuw- en Sint Joosland
  • Sint Laurens

Zuid[editar | editar a fonte]

Zuid ("Sur") é un barrio de in Middelburg. Atópase adxacente ao Dauwendaele. A veciñanza consiste fundamentalmente en proxectos de construción residencial. Ao sur está a cidade de Oost-Souburg, ao igual que Flesinga.

A parte occidental de Zuid foi construída a medidados dos anos 1970, sendo a súa parte oriental construída máis tarde, principalmente na década de 1980 e comezos da de 1990, polo que hai cambios arquitectónicos significantes entre as partes leste e oeste. Existen instalacións educativas e recreativas dispoñíbeis e numerosos equipos de deportivos, principalmente de fútbol, baloncesto e hóckey.[2]

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Walcheren era orixinalmente unha illa, mais posteriormente sería unida ao continente por medio de pólderes
  2. "Zuid". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2008. Consultado o 08 de maio de 2009.