Galería Uffizi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Galería Uffizi
Firenze.PalVecchio.Uffizi02.JPG

Vista da Galería Uffizi.

País Italia Italia
Cidade Florencia
Director Antonio Natali
Construción 1560- 1581
Inauguración 1765 (ao público como museo)
Superficie 17.000 m² aprox.
Horario Martes-Domingo,
8:15-18:50
Cerrado: Luns, Fin de Año, 1 de maio e Día de Nadal.
Número telefónico 055 2388651 / 055 294883
Sitio web Páxina oficial do Museo

A Galería Uffizi (En italiano Galleria degli Uffizi) que se traduce como Galería dos Oficios, é un palacio en Florencia, que contén unha das máis antigas e famosas coleccións de arte do mundo.

O museo e a súa historia[editar | editar a fonte]

A construción do palacio Uffizi comezou en 1560 por Giorgio Vasari debido ao encargo de Cosme I de Médicis para que servisen de oficinas ás maxistraturas florentinas, unha vez que quedou pequeno o Palazzo Vecchio. (De aí o seu nome de Palacio ou Galería dos Oficios). As obras remataron en 1581. Durante anos, partes do palacio serviron para almacenar as pezas de arte da magnífica colección da familia Médicis.

Chegado o declive dos Médicis, as obras de arte permaneceron en Florencia, sendo o embrión duns dos primeiros museos modernos do mundo. A galería era aberta aos visitantes que o solicitaban durante o século XVI e en 1765 abriu oficialmente ao público como museo.

Por mor da magnitude da colección, algunhas obras foron traspasadas a outros museos florentinos, como as esculturas ao Museo Bargello. As limitacións do edificio en canto a superficie de exposición aínda seguen, aínda que se proxectou a súa ampliación, que pasou de 6.000 m² a case 17.000 m² en 2006 e 30.000 m² cando remate a proposta de ampliación. Esta remodelación permitirá ao público gozar dos enormes fondos do museo, case descoñecidos.

En 1993, un coche-bomba extoupou en Via dei Georgofili, matando a cinco persoas e producindo graves danos ao palacio. A parte máis afectada foi a Sala de Níobe de esculturas clásicas e cuxa decoración neoclásica tivo que ser restaurada. A causa do atentado non foi esclarecida, aínda que se sospeitaba que a Mafia podería ser a responsable.

A Galería Uffizi é unha das atraccións turísticas máis visitadas de Florencia. En tempada alta (en especial en xullo), as esperas poden chegar a ser de ata cinco horas.

Salas da Galería Uffizi[editar | editar a fonte]

A colección de arte dos Uffizi é moi ampla, existindo obras non expostas por falta de espazo. A exposición distribúese ao longo de dous andares do palacio, ordenada cronoloxicamente, comezando o seu percorrido polo segundo andar.

As salas da Galería Uffizi son as seguintes:

Salas do segundo andar[editar | editar a fonte]

Característica forma en U do Palacio Uffizi, visto dende a Piazza della Signoria
Vista noturna da Galería Uffizi co Palazzo Vecchio ao fondo
Corredor de levante.
Detalle dos frescos que decoran as estancias da galería
Estatua de Michelangelo do exterior do inmoble

Salas do primeiro andar[editar | editar a fonte]

Accédese a través da Escaleira de Buontalenti:

Colección Contini Bonacossi[editar | editar a fonte]

Na ala derecha do edificio, con entrada por vía Lambertesca, atópase exposta a extraordinaria colección Contini Bonacossi, reunida a comezos do século XX e doada á Galería Uffizi nos anos 90, representando así unha ampliación considerable dos fondos do museo. Da colección forma mobiliario, cerámica antiga, terracotas de Luca Della Robbia e sobre todo unha moi notable serie de obras de escultura e pintura, en especial toscana, entre as que destacan:

Sala das postas reais[editar | editar a fonte]

Esta sala da planta baixa á dereita é empregada pola asociación Amici degli Uffizi, que organiza periodicamente exposicións temporais de balde sobre diversos temas, con obras obxecto de depósito. As derradeiras exposicións realizadas nesta sala estiveron adicadas ao erotismo e aos autorretratos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Galería Uffizi

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]