Mosteiro do Escorial
|
||
|
|
||
Vista do Mosteiro desde o monte Abantos. |
||
| Inscrición: | 1984 | |
| País: | ||
| Localización: | San Lorenzo de El Escorial (Madrid) 40°35′21.04″N 4°8′52.62″W / 40.5891778°N 4.14795°WCoordenadas: 40°35′21.04″N 4°8′52.62″W / 40.5891778°N 4.14795°W |
|
| Rexión: | Europa e América do Norte | |
| Tipo: | Cultural | |
| Criterios: | i, ii, vi | |
| Descrición UNESCO: | fr en | |
O Mosteiro de San Lourenzo do Escorial é un complexo de palacio, basílica e mosteiro situado San Lorenzo de El Escorial, na Comunidade de Madrid, España, construído entre 1563 e 1584. É, desde 1984, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Índice |
Características [editar]
O palacio foi residencia da familia real española, a basílica é lugar de sepultura dos reis de España e o mosteiro, fundado por monxes xerónimos, está ocupado actualmente por frades da Orde de San Agustín. É unha das máis singulares arquitecturas renacentistas de España e de Europa. Situado en San Lorenzo de El Escorial, ocupa unha superficie de 33.327 m², sobre a ladera meridional do monte Abantos, a 1028 m. de altitude, na Serra de Guadarrama. Está xestionado por Patrimonio Nacional.
Coñecido tamén como Mosteiro de San Lourenzo O Real, ou, sinxelamente, O Escorial, foi ideado na segunda metade do século XVI polo rei Filipe II e o seu arquitecto Juan Bautista de Toledo, aínda que posteriormente interviñeron Juan de Herrera, Juan de Minjares, Giovanni Battista Castello e Francisco de Mora. O rei concibiu un gran complexo multifuncional, monacal e palaciano que, plasmado por Juan Bautista de Toledo segundo o paradigma da Traza Universal, deu orixe ao estilo herreriano.
Foi considerado, desde finais do século XVI, a Oitava Marabilla do Mundo, tanto polo seu tamaño e complexidade funcional como polo seu enorme valor simbólico. A súa arquitectura marcou o paso do plateresco renacentista ao clasicismo desornamentado. Obra inxente, de gran monumentalidade, é tamén un receptáculo das demais artes.
As súas pinturas, esculturas, pergameos, ornamentos litúrxicos e demais obxectos suntuarios, sacros e áulicos fan que O Escorial sexa tamén un museo. A súa complexa iconografía e iconoloxía mereceu as máis variadas interpretacións de historiadores, admiradores e críticos. O Escorial é a cristalización das ideas e da vontade do seu creador, o rei Filipe II, un príncipe renacentista.