Quattrocento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O David de Donatello

Quattrocento é a denominación que adopta o Renacemento italiano do século XV, por comeza-los anos en italiano como mile quattrocento, o primeiro en darlle este nome foi Giorgio Vasari por volta do 1570. O outro período do renacemento italiano é o Cinquecento, no século XVI.

No Quattrocento realízase a evolución das formas medievais ás reinterpretacións clásicas. A cidade de Florencia, eminentemente mercantil dominada pola alta buguesía converteuse no centro de gravidade dunha sociedade que abandonou o misticismo da Idade Media, na cal o orde viña establecido desde o alto, imprimindo unha dinámica humanizante laizante e unha volta ás fontes da civilización occidental, o mundo greco-romano; apareceu no mundo da arte unha figura nova, os mecenas, que xurdiron pola prosperidade económica, a arela cultural e o desexo de ostentación e presitixio, e que chamaban e protexían ós artistas para realizaren as súas encargas, os primeiros foron Cosme e Lourenzo de Medici; o artista tamén sufriu un proceso de individualización e personalización como froito do culto humanista polo individuo.

Os novos valores estéticos requirían novos sistemas de representación, coa perspectiva e o estudo das proporcións nun primeiro plano para representar a figura humana, principal obxectivo da representación artística.

Artistas salientables[editar | editar a fonte]