David Ricardo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
David Ricardo (*18 de abril de 1772 - †11 de setembro de 1823) foi un economista inglés, membro da corrente de pensamento clásico.
Naceu e faleceu na cidade de Londres. Tamén foi un home de negocios e especulador exitoso e amasou una considerable fortuna. Ricardo foi o terceiro de dezasete fillos dunha familia sefardí xudía (de Portugal) que emigrou dos Países Baixos a Inglaterra antes do seu nacemento. Cando cumpriu catorce anos, Ricardo seguiu os pasos do seu pai o traballar no London Stock Exchange, onde aprendeu o básico sobre finanzas. Este comezo axudouno no seu futuro éxito no mercado de valores e bens inmobles. Tivo unha formación científica deficiente e foi, coma seu pai, axente de bolsa. A lectura das obras de Adam Smith impulsou, dende 1799, a dedicar a meirande parte do seu tempo na Banca de Londres, converteuse en terratenente. En 1819 foi elixido membro do Parlamento por Portarlington; retivo o cargo ata súa morte, aínda que nunca visitou Irlanda. O seu retiro dos negocios permitiulle dedicarse a traballos intelectuais dende moi novo.
A súa obra máis importante, Principios de economía política e tributación, constitúe a exposición máis madura e precisa da economía clásica; no prefacio afirma que “o principal problema da economía política é determinar as leis que regulan a distribución”. Con esa finalidade desenvolveu unha teoría do valor e unha teoría da distribución. Escribiu tamén un grande número de ensaios, cartas e notas que conteñen aportacións de grande importancia. Nembargantes, seus escritos resultan tan condensados e complexos que moitos lectores atopan mellor expostas as súas ideas nos traballos de J.B.Say, Malthus e McCulloch. Este economista, cuxa labor é particularmente importante polo lugar destacado onde colocou o problema do valor, especialmente o pór de manifesto con claridade que os problemas da distribución dependen da teoría do valor.
[editar] Ideas
Entre as súas aportacións destaca especialmente a teoría da vantaxe comparativa, que defende as vantaxes do comercio internacional e en esencia é unha ampliación da división do traballo proposta por Adam Smith.
Tamén se lle atribúe a Lei do ferro dos salarios que afirma co salario real dos traballadores permanecera ó redor do nivel de subsistencia, aínda que existan intentos de incrementalos. Ademais propuxo a que actualmente se coñece coma equivalencia ricardiana, unha idea que suxire que nalgunhas circunstancias a decisión dun goberno de cómo financiarse (mediante impostos ou emitindo débeda) pode non ter efecto na economía. Ironicamente, aínda que esta equivalencia leva seu nome, Ricardo nunca estivo totalmente convencido. Robert Barro fixo unhas variacións da mesma idea utilizando a Teoría das expectativas racionais.