Empatía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cando a nenos se lles mostran vídeos con situacións nas que se ve a xente sufrindo dor, os seus circuitos neurais relacionados coa dor actívanse no seu cerebro.

A empatía provén do vocablo grego εμπαθεια, formado εν, "no interior de", e πάθoς, "sufrimento, o que sofre". É a capacidade cognitiva de percibir nun contexto común o que outro individuo poida sentir. Tamén é o sentimento de participación afectiva dunha persoa na realidade que afecta a outra.
Algúns estudos sinalan a existencia de trazos afins á empatía nalgúns animais non humanos, como por exemplo os roedores ou outros primates. Neste sentido, poderíase confirmar o argumento de que a orixe da empatía sitúase en mecanismos neuronales básicos desenvolvidos ao longo da evolución.

Hipóteses e suposicións[editar | editar a fonte]

Certas correntes de pensamento psicolóxico postulan que a mente humana ten en común sensacións e sentimentos. A única diferenza entre dúas persoas é o momento no que se mostran eses sentimentos, provocando emocións que motivan a actuar. Que unha persoa non sinta igual que outra nun momento dado, é por razóns educativas, predisposición xenética e condicionantes hormonales. Por iso, a empatía é posible nun individuo capaz de razoar a cerca de si mesmo, avaliar os seus sentimentos e razoar a cerca doutras persoas de forma que non tenda a xustificar os seus propios desexos.

Tamén parece ser que a empatía desempeña un papel significativo na teoría de xogos e na vida económica:

"Solamente a través de la imaginación podemos concebir sus sensaciones (sc. los de nuestro hermano) (...) son las impresiones de nuestros propios sentidos y no la de los suyos lo que nuestra imaginación" copia.3 Adam Smith, 1759.

Parece ser que a capacidade de empatizar non é solamente importante para a observación dunha conduta moral ou social, senón paralelamente tamén para experimentar sentimentos como a envexa, o odio, guerras relixiosas, etc.

Por outra banda, observouse que un determinado tipo de neuronas, as neuronas espello, solamente se activan cando o mesmo acto que realiza un primate o efectúa outro que é observado polo primeiro. Nos humanos actívase a mesma área cerebral, no curso dunha emoción, ao observar a outra persoa no mesmo estado emocional. Verificouse tamén experimentalmente que a empatía é maior entre persoas de idéntico sexo, raza ou idade, e que o grado de empatía é moi variable dunha persoa a outra. Polo tanto, a empatía parece ser un importante factor de cohesión social e é unha vataxe evolutiva desenvolvida por selección natural.

Ademais, parece ser que esta capacidade increméntase máis facilmente nos que padeceron problemas afectivos, con pais que se ocuparon deles, e que viviron nun ambiente no que foron aceptados e comprendidos, é dicir, cando as necesidades afectivas e emocionais estiveron totalmente cubertas desde os primeiros anos de vida.

Polo tanto, a empatía describe a capacidade intelectiva dunha persoa de vivenciar a maneira na que se sente outra persoa; porteriormente, iso pode levar a unha mellor comprensión do seu comportamento ou da forma de tomar as súas decisións. É a habilidade para entender as necesidades, sentimentos e problemas dos demais, poñéndose no seu lugar, e responder correctamente ás súas reaccións emocionais. Os estudos afirman e demostran que esta capacidade cognitiva dáse maiormente no xénero feminino da especie humana, quizais polo feito biolóxico de ter fillos e coidalos.

No uso común, é a capacidade de estar completamente dispoñible para outra persoa, omitindo expresar as nosas propias preocupacións, sentimentos e pensamentos, para ofrecerlle a nosa plena atención. Trátase de ofrecer unha relación de calidade, fundada nun escoitar non valorativo, no cal concentramos a comprensión dos sentimentos e necesidades fundamentais do outro.

Calidade adquirida[editar | editar a fonte]

Algúns investigadores adicados ao estudo da empatía infantil propuxeron que esta calidade, a capacidade de comprender os sentimentos alleos, é adquirida. Demostrouse que os nenos vítimas de abusos non responden con empatía ante a aflición doutros nenos. Mentres que un neno que tivo as necesidades emocionais ben atendidas, é máis sensible ás emocións alleas.


Diferenzas en función do xénero[editar | editar a fonte]

Hoffman (1977) estudou o fenómeno e concluíu que a empatía é máis relevante nas mulleres que nos homes. Posiblemente isto teña moito que ver coa educación diferencial entre nenos e nenas.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Cf. Frans B. M. de Waal, «La empatía en los animales», Mente y Cerebro, 38, 2009, págs. 20-27.
  2. Uno de los ejemplos ambivalentes de la empatía se ilustra ya en la historia de Caín y Abel, en dónde realmente parece ser que ciertas complejas emociones "sociales" como, por ejemplo, la envidia y el odio, son posibles gracias a la capacidad de empatizar (véase Frith & Blakemore 2004)
  3. Pablo Herreros "El chimpacé que ayudó a hablar por primera vez a un niño autista", en El Mundo, 2-III-2012 http://www.elmundo.es/elmundo/2013/03/01/ciencia/1362145793.html
  4. Empatía durante la infancia y la adolescencia* www.empathy.se