Zarrouco
Aparencia
Na mitoloxía galega, o zarrouco ou zarronco é un ser imaxinario descrito baixo diferentes formas (insecto de gran tamaño, home extraordinariamente feo, ser fantasmal) co que se pretende meter medo ós meniños, a modo dun coco.
A forma que toma con máis frecuencia é a dun insecto grande (xigantesco, din) e desagradable, pero outras veces aparece, sempre de noite, como un home alto e moi feo, cun saco ás costas[1] e que non fala, senón que funga ou ronca (de onde probablemente lle veña o nome); móstrase sempre enfadado e de mal xenio.
Os lexicógrafos que recolle o Dicionario de dicionarios só contemplan a acepción de insecto imaxinario grande e desagradable.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lémbrese a figura do home do saco que se leva ós meniños que se portan mal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cuba, Xoán Ramiro; Miranda, Xosé; Reigosa, Antonio (2022). Dicionario dos seres míticos galegos. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-1110-072-4.
- Dicionario de dicionarios, ILG, s. v. zarronco e zarrouco.
- Vaqueiro, Vítor (2011). Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres. Vigo: Galaxia.