Anano (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Dous ananos, por Lorenz Frølich (1895).

Os ananos aparece frecuentemente nos mitos e lendas nórdicos e xermánicos. Son seres cos seus propios xefes e con atribucións diversas; non son fermosos, mais de intelixencia superior, moitos deles coñecen o futuro e teñen grandes barbas.

Historia[editar | editar a fonte]

Na Edda prosaica de Snorri Sturluson, os ananos naceron dos vermes que roían o cadáver do xigante Ymir; mais conforme a versión descrita na Edda poética, eles xurdiron dos ósos e do sangue do xigante Blain. Os primeiros ananos foron nomeados polos deuses de Mótsognir e Durinn.

Snorri Sturluson non distinguiu os ananos e os elfos escuros (Svartálfar), pero mentres que os primeiros viven en Nidavellir, un dos chamados Nove Mundos criados polos deuses, e algúns deles mesmo ata en Midgard, os Elfos escuros viven en Svartalfaheim, situado por riba de Niflheim. De calquera forma, os ananos son seres que viven debaixo da terra, no mundo subterráneo, pois a luz ten o poder de transformalos en pedra.

Os ananos son hábiles artífices, particularmente destros no traballo da forxa, e facían as armas dos deuses e as xoias das deusas, Thor débelles o seu famoso martelo Mjölnir, Frey seu navío máxico e seu xabarín de ouro, Sif os seus cabelos de ouro, Freia o seu colar de ouro Brisingamen, e Odín a lanza Gungnir que nada podía deter; Odín tamén posuía o anel Draupnir, que, como o anel de Andvari, tiña o poder de multiplicar as riquezas de quen o tivese no seu poder. Porén, os ananos tamén tiñan mala sona, pois son vistos usualmente como avarentos e ladróns.

A crenza nos ananos foi sen dúbida a máis popular de todas, xa que perdurou até o século XVIII en Islandia.

Ananos da mitoloxía nórdica[editar | editar a fonte]