Saltar ao contido

Dicionario de dicionarios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dicionario de Dicionarios
Logotipo da edición en liña de 2006
Autor/aCoordinado por Antón Santamarina
OrixeGaliza
LinguaGalego
Xénero(s)Lexicografía
EditorialInstituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo
editar datos en Wikidata ]

O Dicionario de dicionarios da lingua galega, ou só Dicionario de dicionarios (DdD), é unha ferramenta lexicográfica dixital que recompila obras lexicográficas da lingua galega dos séculos XIX e XX. Desenvolvido e mantido polo Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela, baixo a coordinación do profesor Antón Santamarina, o DdD foi publicado orixinalmente en CD-ROM, e súa versión web ampliou significativamente o seu contido.[1] [2]

Historia e desenvolvemento

[editar | editar a fonte]
Antón Santamarina, coordinador do proxecto orixinal.

A primeira versión dixital do DdD publicouse en formato CD-ROM,[cando?] recollendo 345.742 entradas de 25 obras distintas. Esta iniciativa buscaba preservar e facilitar o acceso ao patrimonio lexicográfico galego.

En 2006, a colaboración entre o ILG e o Seminario de Lingüística Informática da UVigo culminou na creación dunha versión web ampliada.

A nova edición en liña inclúe 392.768 entradas documentadas en 32 obras, e está enlazada na web da Real Academia Galega.[3]

  1. "RILG". sli.uvigo.gal/RILG/. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2018. Consultado o 29 de marzo de 2024. 
  2. "Dicionario de dicionarios". ilg.usc.gal. Consultado o 2024-03-29. 
  3. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2024-03-29. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]