Yolanda Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Yolanda Díaz Pérez
Yolanda Díaz
Díaz en xaneiro de 2020.

Actualmente no cargo
Dende o 13 de xaneiro de 2020
Presidente Pedro Sánchez
Goberno da XIV Lexislatura
Monarca Filipe VI
Precedido por Magdalena Valerio
(como Ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social)

Actualmente no cargo
Dende o 13 de xaneiro de 2016

4 de decembro de 2012 – 2016

Escudo de Ferrol.svg
Tenente de alcalde de Ferrol
2007 – 2008

Datos persoais
Nacemento 6 de maio de 1971 (49 anos)
Fene, Galicia
Partido PCE
Esquerda Unida (ata 2019)
Profesión Avogada
Twitter @Yolanda_Diaz_

Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971,[1] é unha dirixente política galega, actual ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España.

Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora dende 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla.[2] Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016. Desde xaneiro de 2016 (XI lexislatura) é deputada no Congreso dos Deputados.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É filla de Xesús Díaz Díaz (Suso Díaz), ex secretario xeral de Comisións Obreiras de Galicia e sobriña de Xosé Díaz Díaz, ex-deputado do Bloque Nacionalista Galego. Foi a primeira das nenas nadas no barrio obreiro de San Valentín, barrio novo vinculado daquela aos estaleiros de Astano. Na adolescencia trasladouse a Santiago de Compostela, estudou no instituto Rosalía de Castro e licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, para despois ampliar estudos en París.[1] Realizou tres mestrados, en Urbanismo, en Relacións Laborais e en Recursos Humanos, materia na que está especializada. Empezou traballando como avogada nun despacho de avogados de Santiago. En 1998 colexiouse e abriu o seu despacho (laboralista[3]) en Ferrol.[4]

Accedeu á coordinación xeral de EU en 2005, cando era a candidata da formación á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións dese ano. Obtivo uns 12.000 votos (0,8%), sendo a cuarta forza política máis votada.

Nas eleccións municipais de 2003, foi a cabeza de lista da formación á alcaldía de Ferrol, recuperando para a coalición representación no Concello, da que se vira privada no mandado precedente pola crise derivada na ruptura e xurdimento de Esquerda Galega-Os Verdes. Obtivo dúas actas de concelleiro, acompañada polo veterano dirixente Fernando Miramontes.

Acordo de goberno en Ferrol[editar | editar a fonte]

Díaz nunha manifestación de Queremos Galego!.

Nas eleccións municipais de 2007, foi a cabeza de lista da formación á alcaldía de Ferrol[5]. Obtivo 5.203 votos (14,19%) e catro concelleiros (xunto a ela: Javier Galán, Miguel Reimúndez e Sari Alabau). Tras formalizar un acordo para un goberno coaligado co PSOE, resultou elixido alcalde o candidato socialista Vicente Irisarri, con Yolanda Díaz como primeira tenente de alcaldía.

O 28 de outubro de 2008 o goberno de coalición rachou, permanecendo Irisarri como rexedor en minoría canda o PSOE e pasando EU-IU á oposición. Yolanda Díaz mantense como voceira da súa formación.

Deputada do Parlamento de Galicia[editar | editar a fonte]

No 2009 foi a candidata de Esquerda Unida á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións autonómicas,[6] sen conseguir posto, e repetiu no ano 2012 (pola provincia da Coruña e foi elixida deputada autonómica), ano no que formaron coalición con Anova-Irmandade Nacionalista, Espazo Ecosocialista Galego e Equo-Galicia, e no que se constituíu Alternativa Galega de Esquerda (AGE), da que foi viceportavoz no Parlamento ata as eleccións xerais de 2015, nas que se presentou ao Congreso dos Deputados.[7]

Congreso dos Deputados[editar | editar a fonte]

É deputada no Congreso dos Deputados dende 2016 (XI lexislatura, XII, XIII XIV[8]), primeiro nas listas de En Marea e despois nas de En Común-Unidas Podemos. Tanto nas Eleccións xerais de 2015 como nas de 2016 foi candidata na lista de En Marea ao Congreso pola Provincia da Coruña, resultando escollida deputada por esa provincia. Nas Eleccións xerais de abril de 2019 e nas de novembro do mesmo ano foi candidata na lista de En Común-Unidas Podemos ao Congreso pola Provincia de Pontevedra, sendo escollida deputada por estoutra provincia[9].

Foi vocal e portavoz adxunta de varias comisións[8].

Ministra[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2020 foi nomeada Ministra de Traballo e Economía Social[10] no goberno de coalición PSOE Unidas-Podemos (o primeiro de coalición na democracia[11]) presidido por Pedro Sánchez, tomando posesión o 13 do mesmo mes. No acto sinalou que o principal reto deste país é recuperar o traballo con dereito, debemos derrogar a reforma laboral para retomar os dereitos das traballadoras e os traballadores.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Yolanda Díaz Pérez". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2020-01-06. 
  2. "Eva Solla se hace con el liderazgo de Esquerda Unida y releva a Yolanda Díaz". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-06-04. Consultado o 2020-01-06. 
  3. Olías, Laura. "Yolanda Díaz, la abogada laboralista gallega que tomará las riendas del Ministerio de Trabajo". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2020-01-09. 
  4. Hernández, Nuria (2019-12-04). "Así es Yolanda Díaz, posible nueva ministra de Trabajo: de familia sindicalista, con tres posgrados e íntima de Irene Montero". vf (en castelán). Consultado o 2020-01-06. 
  5. "Resultados de Izquierda Unida en las elecciones municipales y autonómicas del 27 de mayo de 2007" (PDF). web.archive.org. Consultado o 06/01/2020. 
  6. "La ferrolana Yolanda Díaz, candidata de Esquerda Unida". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2020-01-06. 
  7. "Reseñas biográficas dos deputados e deputadas da Cámra" (PDF). parlamentodegalicia.es. Consultado o 06/01/2020. 
  8. 8,0 8,1 "Díaz Perez, Yolanda". congreso.en. Consultado o 06/01/2020. 
  9. "Estos son los diputados de Galicia en el Congreso tras las elecciones del 10N". 20minutos (en castelán). 11/11/2019. Consultado o 6/1/2020. 
  10. "Los ministros del Gobierno de Pedro Sánchez, uno a uno". La Vanguardia (en castelán). 2020-01-11. Consultado o 2020-01-13. 
  11. Casqueiro, Javier; Pérez, Fernando J. (2020-01-08). "Pedro Sánchez logra la investidura y formará el primer Gobierno de coalición de la democracia". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-01-13. 
  12. "Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social - Gabinete de comunicación - Laboral -". prensa.empleo.gob.es (en castelán). Consultado o 2020-01-14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]