Saltar ao contido

Pilar Alegría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPilar Alegría

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1977 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
La Zaida Editar o valor en Wikidata
Voceira do Goberno de España
21 de novembro de 2023 – 22 de decembro de 2025
 Isabel Rodríguez GarcíaElma Saiz Delgado 
Nomeado por: Pedro Sánchez
Ministra de Educación e Formación Profesional
12 de xullo de 2021 – 22 de decembro de 2025
 Isabel CelaáMilagros Tolón 
10ª Delegate of the Government of Spain in Aragon (en) Traducir
11 de febreiro de 2020 – 12 de xullo de 2021
 Carmen Sánchez Pérez (en) TraducirRosa María Serrano Sierra 
Concelleira de Zaragoza
2019 – 2020
Deputada nas Cortes de Aragón
18 de xuño de 2015 – 2 de abril de 2019
Lexislatura: Q30752837 Traducir

Circunscrición electoral: Zaragoza (en) Traducir

Deputada de España
2 de decembro de 2011 – 18 de xuño de 2015 – Ignacio Magaña Sierra 

Circunscrición electoral: Zaragoza

Deputada de España
25 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011

Circunscrición electoral: Zaragoza

Deputada de España
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid - educación social
Universidade de Zaragoza - educación primaria Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obreiro Español Editar o valor en Wikidata

Twitter: Pilar_Alegria Bluesky: pilaralegria.bsky.social Editar o valor en Wikidata

María del Pilar Alegría Continente, nada en Zaragoza o 1 de novembro de 1977,[1] é unha política española do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE), nomeada en xullo de 2021 Ministra de Educación e Formación Profesional de España.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nada en Zaragoza, é licenciada en Maxisterio, na especialidade de Educación Primaria, pola Universidade de Zaragoza e ten un mestrado en Estudos Avanzados en Educación Social pola Universidade Complutense.[2]

Membro do PSOE, foi coordinadora da Secretaría Federal de Educación e Ciencia, xefa do Gabinete do Departamento de Educación, Cultura e Deportes do Goberno de Aragón, membro do Grupo Zaragoza-Norte e membro da Executiva Federal do PSOE entre 2008 e 2012 como vogal, así como secretaria de Educación na Executiva rexional do PSOE de Aragón.

Entre 2008 e 2015, foi deputada por Zaragoza. O 29 de xullo de 2014 foi nomeada secretaria de organización do PSOE-Aragón.[3]

Nas eleccións autonómicas de 2015, presentouse como número dous do PSOE pola provincia de Zaragoza[4] e foi elixida deputada das Cortes de Aragón. O 6 de xullo de 2015 tomou posesión como conselleira de Innovación, Investigación e Universidade do Goberno de Aragón presidida por Javier Lambán.[5][6]

Nas primarias de 2017, no PSOE, apoiou a candidatura de Susana Díaz,[7][8] que saíu derrotada fronte á de Pedro Sánchez.

En setembro de 2018, Alegría converteuse na candidata do PSOE á alcaldía de Zaragoza, despois de obter o 49% dos votos na primeira volta das primarias celebradas o 24 de setembro e a renuncia da súa rival, Carmen Dueso, na segunda volta catro días despois.[9][10] Nas eleccións municipais de 2019, o PSOE, malia se-la forza máis votada con dez concelleiros e gañar en tódolos distritos da cidade, agás nos 3 feudos do Partido Popular (Centro, Centro Histórico e Universidade), e pese a ter un acordo cos responsables locais de C's, Albert Rivera forzou o acordo co seu partido con PP, e Vox para lle da-la alcaldía ao candidato popular Jorge Azcón.[7]

O 12 de febreiro de 2020, tomou posesión nun novo cargo como delegada do Goberno na comunidade autónoma de Aragón.[11] O seu nomeamento non estivo exento de controversia, xa que a decisión non fora consultada co PSOE aragonés.[12] É a encargada de realizar o relatorio de educación que se ha debater no 40 Congreso do PSOE.[13]

En xullo de 2021, o presidente Sánchez Pérez-Castejón nomeouna ministra de Educación e Formación Profesional para substituír a Isabel Celáa,[14] tomando posesión o 12 de xullo de 2021.[15][16]

Cargos desempeñados

[editar | editar a fonte]
  • Vogal da Comisión Executiva Federal do PSOE (2008-2012).[1]
  • Deputada por Zaragoza no Congreso dos Diputados (2008-2015).[1]
  • Secretaria de Organización do PSOE-Aragón (2014-2017).
  • Deputada por Zaragoza nas Cortes de Aragón (2015-2019).
  • Conselleira de Innovación, Investigación e Universidade do Goberno de Aragón (2015-2019).[1]
  • Concelleira do municipio de Zaragoza e líder da oposición (2019-2020).[13]
  • Delegada do goberno de España en Aragón (2020-2021).
  • Ministra de Educación e Formación Profesional (2021-no cargo).

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Ten un fillo que estuda no Liceo Francés Molière de Zaragoza.[13][17]

  1. 1 2 3 4 Gallardo, Lourdes (11 de xullo de 2021). "Quién es Pilar Alegría, la nueva ministra de Educación y Formación Profesional". aprendemas.com (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021.
  2. Axencias (10 de xullo de 2021). "Pilar Alegría, futura ministra de Educación e Formación Profesional". que.es (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021.
  3. Redacción (29 de xullo de 2014). "Pilar Alegría sustituirá a Eva Sáenz como secretaria de Organización del PSOE". heraldo.es (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021.
  4. Asín, N.; Morales, J. (15 de febreiro de 2015). "Lambán apuesta por Pilar Alegría de número 2 en la lista de las Cortes". heraldo.es (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021.
  5. Europa Press (6 de xullo de 2015). "Pilar Alegría apuesta por "recuperar el diálogo" con la UZ". europapress.es (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021.
  6. EFE (6 de xullo de 2015). "El nuevo Gobierno de Aragón echa a andar". heraldo.es (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2015.
  7. 1 2 Marcos, José (9 de febreiro de 2020). "Pilar Alegría será la nueva delegada del Gobierno en Aragón". elpais.com (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021.
  8. Tabanera, Noelia (10 de xullo de 2021). "Pilar Alegría, de apoyar a Susana Díaz a ser la elegida de Sánchez". economiadigital.es (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021.
  9. López, M. (24 de setembro de 2018). "Pilar Alegría gana las primarias del PSOE con el 49% de los votos pero no evita la segunda vuelta". heraldo.es (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021.
  10. Redacción (28 de setembro de 2018). "Carmen Dueso renuncia a las primarias del PSOE...". heraldo.es (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021.
  11. Mantecón, F. (22 de febreiro de 2020). "Pilar Alegría asume su cargo de delegada para "tender puentes" entre España y Aragón". elperiodicodearagon.com (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021.
  12. Redacción (10 de febreiro de 2020). "Pedro Sánchez nombra a Alegría delegada del Gobierno sin consultar a Lambán". heraldo.es (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021.
  13. 1 2 3 Stegmann, Josefina G. (10 de xullo de 2021). "Pilar Alegría, el reemplazo de Celaá que ya asumía una labor central en la estrategia educativa del PSOE". abc.es (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021.
  14. Axencia EFE (10 de xullo de 2021). "Pilar Alegría, una maestra de 43 años al frente del Ministerio de Educación". cope.es (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021.
  15. Sánchez Caballero, Daniel; Castro, Irene (10 de xullo de 2021). "La docente Pilar Alegría, un valor al alza del PSOE para culminar la reforma educativa". eldiario.es (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021.
  16. "Real Decreto 529/2021, de 10 de julio, por el que se nombra Ministra de Educación y Formación Profesional a doña María del Pilar Alegría Continente.". boe.es. (BOE, núm. 165, de 12 de xullo de 2021, páxina 82903). Consultado o 15 de xullo de 2021.
  17. Asunción, Fernando (10 de xullo de 2021). "La nueva ministra de Educación lleva a su hijo a un colegio privado". vozpopuli.com (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]