Magdalena Valerio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Magdalena Valerio
(Magdalena Valerio) Apertura Conferencia Municipal PSOE provincial Badajoz (43029444580) (cropped).jpg
Nome completoMagdalena Valerio Cordero
Nacemento27 de setembro de 1959
 Torremocha
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónxurista, política e avogada
editar datos en Wikidata ]

Magdalena Valerio Cordero, nada en Torremocha (Cáceres) o 28 de setembro de 1959, é unha funcionaria e política española, membro do PSOE que desenvolveu a maior parte da súa traxectoria política en Castela-A Mancha. É a actual ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social do Goberno de España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade Complutense de Madrid, licenciándose na mesma en 1985. É veciña de Guadalaxara desde 1989. Exerceu como preparadora de opositores e coordinadora da área de Laboral e Seguridade Social no Centro de Estudos Velázquez-ADAMS entre 1986 e 1990. É funcionaria do Corpo de Xestión da Seguridade Social e da Escala de Xestión de Emprego do INEM. Tamén traballou como xefa de Negociado de Persoal na Dirección Provincial do INSERSO de Guadalaxara entre 1991 e 1994 e posteriormente como subdirectora de Xestión Económico-Administrativa e secretaria provincial do INSALUD de Guadalaxara entre 1994 e 1999.

Nas eleccións municipais de 1999 foi elixida concelleira no Concello de Guadalaxara, cargo que repetiu en 2003 ao ser nomeada segunda tenente de alcalde e concelleira de Economía, Facenda, Contratación, Patrimonio e Participación Cidadá. En setembro de 2005 foi nomeada conselleira de Traballo e Emprego de Castela-A Mancha e, en 2007, conselleira de Turismo e Artesanía. En setembro de 2008 asumiu a consellería de Administracións Públicas e Xustiza. Nas eleccións autonómicas de 2007 foi cabeza de lista do PSOE pola circunscrición de Guadalaxara, obtendo escano nas Cortes Rexionais.

En xullo de 2008 foi elixida vocal da Comisión Executiva Rexional do PSOE de Castela-A Mancha e en outubro do mesmo ano foi elixida Secretaria Xeral da Comisión Executiva Municipal da cidade de Guadalaxara. Así mesmo, desde 2000 ata 2012 foi membro do Comité Rexional do PSOE de Castela-A Mancha. En maio de 2010 abandona o Consello de Goberno, sendo nomeada delegada da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha. Ese mesmo ano gaña as primarias para ser candidata do PSOE ao Concello de Guadalaxara. Perdeu nos comicios de 2011, baixando ata 8 concelleiros, liderando a oposición no Concello.

Foi cabeza de lista do PSOE por Guadalaxara nas eleccións xerais de 2011 e obtivo escano de deputada nas Cortes Xerais, que ocupou entre 2011 e 2016.

O 7 de xuño de 2018 tomou posesión como ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social do goberno de Pedro Sánchez, despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]